Lunes, 09 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Miércoles, 07 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Xunta de Galicia agarda que o futuro centro Nasas Nigrán contribúa ao crecemento de Porto do Molle

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta semana as obras do novo centro comercial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta semana en Nigrán as obras do futuro centro comercial Nasas Nigrán e asegurou que agarda que contribúa ao crecemento do polígono empresarial Porto do Molle e da actividade comercial da contorna.

 

Tal e como explicou, xa hai 19 establecementos confirmados e a previsión, segundo a empresa, é que, cun investimento de 55M€, xere ata 500 empregos directos e indirectos.

 

 

 

 

O Goberno galego defende a busca do equilibrio para promover a coexistencia de grandes superficies comerciais e do comercio de proximidade, ao que este ano se destinan 25M€

 

 

 

 

O vicepresidente económico destacou o dobre impacto deste proxecto, tanto na expansión e crecemento do parque empresarial como na actividade comercial de toda a área ao ser, tamén, un reclamo turístico. Conde, que defendeu a necesidade de traballar desde o equilibrio, promovendo a coexistencia das grandes superficies co comercio de proximidade, informou de que nos dous últimos anos se outorgaron seis licenzas para a construción de novos centros comerciais.

 

O Goberno galego destina este ano 25M€ para colaborar co comercio de proximidade en diferentes ordes de axuda para a modernización do sector, dos que 2,25M€ se destinan a centros comerciais abertos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.