Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 12:38:23 horas

Xornal21.es
Lunes, 05 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Arrancan en Pontevedra e Vigo os dous cursos de español para persoas inmigrantes

As accións formativas, nas que participan unha trintena de alumnas e alumnos, están dirixidas a persoas non hispanofalantes para poidan obter o diploma DELE A2 e facilitar a súa integración na provincia

Este luns arrancaron en Pontevedra e Vigo os dous cursos de español para persoas inmigrantes que pecharán a sexta edición deste programa que desenvolve a Deputación en colaboración coa Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo esencial a preparación da proba DELE A2 de español, un requisito imprescindible para obter a nacionalidade española. A trintena de persoas que realizan a acción formativa recibiron hoxe o recoñecemento da presidenta provincial, Carmela Silva, que quixo subliñar “o enorme esforzo” do alumnado por participar nestes cursos e a súa implicación: “Levamos xa nas distintas edicións cerca de 300 persoas participantes e a aplastante maioría, case un 90%, teñen aprobado o exame e este ano vaivos ir moi ben, espero que teñamos o 100%”.

 

O alumnado deste curso, que en Pontevedra se desenvolve no Edificio Administrativo e en Vigo na sede da Deputación, procede de Marrocos, Brasil, Senegal, Mauritania, Nixeria, Portugal e Ucraína, con maioría de mulleres.  “Encántame –subliñou Carmela Silva- que saiban que teñen que ocupar o seu espazo e que é necesario avanzar todas e todos. O noso traballo é escoitar á xente e intentar mellorar a súa vida e para iso é para o que debemos estar”. A docente é Lorena Rodríguez coa dirección da coordinadora académica do Centro de Linguas da Universidade de Vigo, Mercedes Álvarez.

 

A presidenta provincial tamén incidiu en que nesta edición ofrécese ás persoas que están traballando a posibilidade de realizar o curso en remoto, co apoio do profesorado. Igualmente, é posible que poidan levar aos seus fillos e fillas, para facilitar a corresponsabilidade familiar. “Estou moi orgullosa do esforzo que facedes para avanzar –engadiu Carmela Silva-. O mundo cambia coa xente que é optimista e loita polo que desexa, e todos e todas podémolo facer, aínda que somos moi conscientes das dificultades”.

 

 

 

 

Carmela Silva: “Quero recoñecervos o enorme esforzo que facedes para realizar estes cursos, algo que demostra que das preto de 300 persoas que participaron nestes anos, houbo case un 90% de aprobados”

 

 

 

 

Os dous cursos finalizarán o 30 de setembro, e despois o alumnado poderá presentarse ao exame do DELE A2 que levará a cabo o Instituto Cervantes en Vigo. Para as persoas que  realizaron o primeiro curso desta sexta edición, celebrado en Vigo entre maio e xuño, xa hai data para a avaliación, os días 8 e 9 de setembro.

 

Hai que lembrar que a proba DELE (Diploma de Español Como Lingua Estranxeira) A2 é un requisito indispensable para acadar a nacionalidade española. Require unha preparación previa e ten un custo económico que dificultan o acceso á nacionalidade e que pode favorecer procesos de exclusión social. A través deste programa, a Deputación subvenciona o custo da formación e tamén o da matrícula no exame.

 

 Nos exames do pasado ano, aos que se presentaron 44 persoas, houbo un 95,45% de persoas aprobadas, a maioría procedente de Marrocos, Brasil e Senegal, que fixeron grandes esforzos tanto a nivel académico como persoal para acadar esta meta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.