Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Viernes, 09 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta amplía a rede de escolas infantís coa apertura do novo centro da Guarda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiron esta mañá á estrea desta escola infantil, que conta con 32 cativos matriculados para este curso

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, vén de ampliar a rede pública autonómica de escolas infantís coa apertura e posta en marcha, dende este mesmo curso, do novo centro da Guarda, no que se investiron 845.000 euros froito dun convenio entre o Goberno galego e a administración local. Desta contía, a Administración autonómica achegou o 60% a través de fondos Feder e o Concello puxo a cantidade restante.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiron esta semana á estrea desta escola infantil, que xa comezou as súas actividades o pasado luns ao igual que no resto de Galicia, xunto ao alcalde, Antonio Lomba, e outros representantes municipais.

 

Este centro infantil comeza a súa andaina con 32 cativos matriculados, que se reparten en sete na unidade de 0 a 1 anos, once na de 1 a 2 anos, entre os que se atopa un con necesidades especiais, e catorce na de 2 a 3 anos. Sen embargo, este servizo de conciliación aínda dispón de máis capacidade, posto que conta con 41 prazas distribuídas nas tres citadas unidades.

 

Gratuidade
Ademais, todos os nenos e nenas matriculados van recibir unha atención educativa e formativa completamente gratuíta, durante oito horas ao día, grazas á aprobación desta medida por parte da Xunta, que converte deste xeito a Galicia en pioneira en aplicar esta iniciativa. Así, dáselle continuidade, de xeito universal, á gratuidade que se aplicaba na matrícula de segundos fillos e sucesivos dunha mesma familia dende o ano 2020.

 

 

 

 

Todos os nenos e nenas matriculados recibirán unha atención educativa de oito horas diarias completamente gratuíta, unha medida na que Galicia é pioneira en España

 

 

 

 

“Temos máis de 200 escolas infantís espalladas por toda Galicia, pero era necesario traer este servizo á Guarda e hoxe poñémolo en marcha grazas ao compromiso da Xunta e, ademais, coa boa nova da gratuidade, o cal axudará moito ás familias economicamente e máis no actual contexto de inflación crecente, posto que estimamos un aforro de entre 1.500 e 2.000 euros anuais por cativo”, sinalaron os representantes autonómicos.

 

Edificio novo
A nova escola infantil pública da Guarda rematouse o pasado mes de abril tras un investimento de 845.000 euros por parte da Xunta e do Concello que permitiu construír un novo edificio de dúas plantas en substitución de dous vellos inmobles en desuso, que databan dos anos sesenta e que albergaban vivendas para mestres e o antigo comedor do colexio Manuel Rodríguez Sinde.

 

Na planta baixa emprazáronse as zonas de cadeiras para bebés, hixiene e descanso, as aulas, o espazo de usos múltiples, o patio de xogos e o despacho de dirección, mentres que no primeiro andar habilitáronse os usos auxiliares da escola, a sala de xuntas, a oficina, os vestiarios e o almacén. Nos últimos catro meses, e tras rematar o edificio, procedeuse a dotalo de equipamento e servizos e a artellar o sistema de funcionamento lectivo e de conciliación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.