SOLIDARIOS
A Xunta colabora con Unicef para a vacinación contra a covid-19 en Malí
O Goberno galego destina 40.000 euros á intervención, que se desenvolverá ata final de ano e beneficiará a 12.450 persoas
A Xunta vén de activar o convenio de emerxencias con UNICEF para apoiar a vacinación contra a covid-19 en Malí. O goberno galego destina 40.000 euros a esta intervención que se desenvolverá ata finais de ano e beneficiará a 12.450 persoas.
A través da iniciativa distribuiranse unhas 28.000 doses da vacina en 16 centros de saúde de cinco rexións do norte do país, Tombuctú, Taoudeni, Gao, Manaka e Kidal. Ademais, capacitarase a cinco traballadores da saúde no mantemento diario e a conservación dos refrixeradores para garantir a funcionalidade permanente dos equipos da cadea de frío e dotarase ao persoal sanitario de equipos de protección persoal para os conxeladores de temperatura ultra baixa.
A maiores, incidirase na concienciación da prevención fronte á covid-19 entre a poboación, coa formación de persoas influentes, lideres comunitarios e xornalistas. Tamén se lles proporcionarán medios e capacitación a axentes clave para detectar información falsa e analizar rumores sobre a vacinación. Asemade, apoiarase a busca de persoas que só recibiron a primeira das dúas doses da vacina.
Distribuiranse unhas 28.000 doses da vacina en 16 centros de saúde de cinco rexións do norte do país, reforzarase a formación do persoal sanitario e impulsarase unha campaña de concienciación á poboación
O obxectivo é mellorar a coordinación da campaña contra a covid-19, para o que se contará cun asistente técnico en cada unha das oficinas de UNICEF en Tombuctú e Gao, así como a supervisión formativa dos distritos sanitarios aos centros de saúde a prol da calidade dos servizos.
A iniciativa enmárcase no Mecanismo COVAX, froito da colaboración mundial entre gobernos, persoas científicas e filántropas, e organizacións da sociedade civil e sanitarias para acelerar o desenvolvemento, a produción e o acceso as probas diagnósticas, tratamentos e vacinas. Trátase de garantir a súa dispoñibilidade para a poboación de todo o mundo.
Colaboración con UNICEF
Cómpre sinalar que UNICEF é unha das maiores provedoras de vacinas do mundo. Fai chegar todos os anos máis de 2.000 millóns de doses a un cento de países para a inmunización de rutina e as campañas de vacinación infantil. A Xunta vén colaborando desde hai anos con esta organización, tanto no financiamento de actuacións de acción humanitaria e de emerxencias como de actuacións de cooperación no exterior. Desde 2012 ata este ano concedeulle máis de 1,4M€ en axudas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40