DEPORTES
Máis de 300 ciclistas disputarán a clásica “noturna”
Esta edición inclúe dúas novas mangas: ciclismo adaptado e ciclismo inclusivo
O Porriño mergullouse xa no seu mes das Festas do Cristo e ao seu abeiro regresan os eventos que non poden faltar, como a clásica “La Nocturna”.
A proba ciclista, organizada polo Club Master Louriña en colaboración co Concello do Porriño, é o único evento do calendario nacional que abrangue todas as categorías, dende a de promesas ata a categoría élite.
“Este ano inclúense dúas mangas moi especiais: o ciclismo adaptado e o ciclismo inclusivo, coas que ademais de engadir unha proba ao seu calendario pretendemos enviar unha mensaxe de respecto e inclusión”, explicou o presidente do Master Louriña, Juan Álvarez.
A proba disputarase mañá venres 9 de setembro e dará comezo ás 17 h, unha hora antes do habitual. O percorrido será como sempre urbano, algo que supón un gran atractivo para participantes e público.
“Hai cousas que non poden faltar nunhas Festas do Cristo e a Nocturna é unha delas”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Unha vez máis, moitas grazas ao Master da Louriña e estou seguro de que será todo un éxito novamente, proba diso son os máis de 300 inscritos que temos xa”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186