Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Xornal21.es
Domingo, 11 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba en tempo récord a liña de axudas para combater os efectos da seca

Carmela Silva: “Somos a Administración pública que máis recursos dedica a facer fronte á seca deste verán; máis que a propia Xunta de Galicia”

A Xunta de Goberno provincial aprobou esta semana  a Liña Extraordinaria de Axudas aos Concellos, Entidades Locais e Mancomunidades para Actuacións de Emerxencia diante da Seca, un plan dotado con 3 millóns de euros, e que, ademais, terá efectos retroactivos ao cubrir as actuacións realizadas entre o pasado 1 de agosto e o próximo 31 de outubro. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, afirmou que estamos diante dun plan “aprobado en só un mes” e que converte á Administración provincial na que “dedica máis recursos en toda Galicia, máis mesmo que a Xunta, a facer fronte á seca deste verán”.

 

Carmela Silva destacou que a Liña Extraordinaria foi presentada a principios de agosto e incluíu ademais un proceso participativo que consistiu no envío dunha carta informativa aos alcaldes e alcaldesas invitándolles á presentación de suxestións. E a principios de setembro, despois de escoitar aos concellos, a liña queda aprobada. “Non se pode pedir máis eficacia e máis eficiencia”, destacou a titular da Deputación. “Adiantámonos aos problemas”, concluíu, remarcando a axilidade para poñerse do lado do mundo local, que é quen se ocupa do abastecemento á poboación, nesta emerxencia.

 

A presidenta, que agradeceu expresamente o traballo dos técnicos/as que fixeron posible esta tramitación administrativa nun tempo tan breve, concluíu que os fondos extraordinarios provinciais non só chegarán aos concellos de menos de 20.000 habitantes para atallar os problemas da seca, senón que tamén serán para as mancomunidades e as entidades locais, “porque tamén subministran auga a moitos núcleos rurais da nosa provincia”.

 

 

 

 

César Mosquera: “Non é nada fácil facer unhas bases, consultar aos concellos en pleno mes de agosto e aprobalas”

 

 

 

 

César Mosquera incidiu na rapidez da tramitación deste plan: “non é que deamos pasos, é que corremos”. “Esta é unha liña de axudas moi oportuna e saíu en tempo récord; non é fácil facer unhas bases, consultar aos concellos en pleno mes de agosto e aprobala” a principios de setembro. O vicepresidente destacou tamén a actitude dunha Deputación que invitou aos concellos a “actuar xa” en lugar de prometer axudas a futuro “a partir da lista de desgracias”. Ademais afirmou que tras esta grave seca, “que se chega a durar tres ou catro semanas máis tería sido unha catástrofe masiva, todos e todas acabaron véndolle as orellas ao lobo” .

 

A Liña Extraordinaria está financiada con 3 millóns de euros a  través dunha modificación de crédito aprobada no Pleno que hoxe celebrou a Deputación. Son beneficiarios os concellos de menos de 20.000 habitantes, mancomunidades e entidades locais menores. As actuacións subvencionables, segundo as bases aprobadas, son o enchido de depósitos mediante cisternas, establecemento de puntos de abastecemento mediante cisternas, conexións puntuais a outras redes por emerxencia, gastos de bombeos extraordinarios e urxentes, gastos de emerxencia para axudar a comunidades de usuarios, campañas de moderación de consumos, eliminación de fugas puntuais e outras semellantes.

 

A contía das axudas consiste nun fixo de 10.000 euros por concello (5.000 euros no caso das entidades locais menores) cun coeficiente multiplicador de 6,5 veces a poboación de cada concello. No caso das mancomunidades percibirán a resultante da suma do que tería correspondido aos concellos que as integran.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.