Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Martes, 13 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Especialistas traballan xa na recuperación da ponte tardomedieval de Taborda

O Concello retomou este verán os traballos de reparación tras obter a autorización de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para realizar a obra entre xuño e outubro, cando o caudal do río é menor

O Concello de Tomiño continúa coas obras para a reparación, recuperación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, coñecita tamén coma ‘ponte de Hospital’. Trátase dunha ponte do século XVI, de finais da Idade Media, en cantería irregular, dun só vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo que daba paso a un antigo hospital existente na zona. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca “a importancia de reparar e conservar os elementos históricos monumentais do municipio. Dende o Concello seguimos apostando pola recuperación do noso patrimonio e dos nosos bens de especial protección, como esta ponte, uns labores nos que contamos sempre co apoio e traballo de profesionais especializados”.


Tras unha primeira fase na que se cortaron tres árbores que medraban dende a base da ponte e afectaba á estrutura, o Concello está xa levando a cabo os traballos propios de recuperación da ponte da man de especialistas en patrimonio. As obras comezáronse a desenvolver este verán tras obter os permisos pertinentes do Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que autorizou levar a cabo as actuacións só entre os meses de xuño e outubro, cando o caudal do río é menor.   


Nesta fase estase a levar a cabo a limpeza do lousado da calzada da ponte cunha rozadoira equipada con fío e de forma manual, empregando ferramentas non agresivas como espátulas, cepillos e vasoiras, eliminando plantas superiores e depósitos de terra sobre as laxas. De xeito manual tamén se realiza a limpeza das zonas verticais e do intradorso do arco.


Unha vez rematados estes traballos e xa co cimbrado da ponte, procederase á súa reparación, que consiste na retirada de xeito manual dos tocos encaixados nas bases do arco para logo proceder ao recheo dos ocos abertos con cantería das mesmas características que o resto da pedra da ponte. As obras contemplan ademais a recolocación das lousas superiores tal e como estaban na súa posición orixinal.


O Concello puxo en marcha un proxecto para a reparación e conservación desta ponte despois de que unha inspección dos técnicos municipais de Urbanismo detectara un importante deterioro debido aos fortes temporais sucedidos durante o inverno, que fixeron aumentar o nivel da auga de xeito acelerado e, principalmente, á existencia de tres árbores de porte medio-grande que tiñan ás súas raíces encaixadas entre as pedras de apoio do arco. Os fortes e intensos ventos fixeron que as árbores traballasen de forma negativa, producindo desprazamentos das pedras e afectando á súa estrutura. Ademais, os altos niveis de humidade de troncos e raíces, que aumentaban de volume ao empaparse, favoreceu o desprazamento da cantería.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.