GALICIA
A Xunta colabora con pemes e micropemes para impulsar a innovación no tecido empresarial
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitaba esta semana a empresa Néboda Farms
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta semana a startup viguesa Néboda Farms, onde puxo de relevo o traballo que está a facer a Xunta de Galicia para impulsar a innovación en pemes e micropemes galegas de sectores diversos desde a colaboración público-privada.
Conde apuntou que co programa InnovaPeme, este ano a Administración autonómica apoia 32 proxectos de innovación no tecido empresarial galego cunha mobilización de 4,8M€ de investimento total. Ao respecto, informou de que a través das cinco convocatorias destas axudas desde 2017, a Xunta leva destinado 16M€ en apoios para 192 pemes en Galicia, das que, case a metade, o 48,4%, son microempresas, e Pontevedra a provincia con máis participantes.
Unha delas é Néboda Farms, que hoxe visitou o vicepresidente económico para coñecer o innovador sistema de agricultura vertical que desenvolveu co apoio destas axudas, que lle vai facer posible, entre outras cousas, triplicar o seu rendemento produtivo. Segundo dixo, esta startup especializada no sector agrotech fai unha forte aposta pola I+D+i pola transferencia de coñecemento á industria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186