Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 12 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

‘Bambino’ presenta o ‘4º Batizado e Troca de Cordas’ en Mos

Celebrarase os vindeiros 24 e 25 de setembro entre o Pavillón Patricia Martínez, o Centro Dotacional de Torroso e o Pazo de Mos, contando xa con preto de 100 participantes nacionais e internacionais inscritos

O capoeirista mosense veciño de San Antoíño, parroquia de Louredo, Arturo Seminario, ‘Bambino’, presentaba o pasado venres no Concello de Mos o evento que organiza de ‘4º Batizado e Troca de Cordas Abadá-Capoeira’ que se celebrará os vindeiros 24 e 25 de setembro. ‘Bambino’ estivo acompañado da alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Coporación Municipal, que o recibiron no salón de sesións da Casa Consistorial para felicítalo, ademáis, por terse proclamado este verán Campión de España de Capoeira.

 

[Img #77553]


Os días do 14 ao 17 de xullo, en Valencia, celebráronse os ‘X Jogos dá Espanha Abadá-Capoeira 2022’, nos que Arturo Seminario erixiuse campión, logrando o 1º lugar na categoría A, entre outros premios. Arturo Seminario, máis coñecido como ‘Bambino’ no mundo da Capoeira, é capoeirista profesional e graduado da Escola Abadá-Capoeira. Do 14 ao 17 de xullo do 2022 celebráronse na cidade de Valencia os ‘X Jogos dá Espanha 2022 Abadá-Capoeira’. Preto de 100 participantes, de todas as Comunidades Autónomas españolas, déronse cita neste evento, de Galicia representábannos como competidores ‘Bambino’ de Mos na categoría A (a categoría de maior nivel) e dous dos seus alumnos veciños do Porriño, Telmo e Anxo, na categoría C. ‘Bambino’ e Telmo foron campións nas súas distintas categorías: ‘Bambino’: categoría A, 1º lugar clasificación xeral, mellor corda verde-morada (gradación) mellor Jogo de Siriuna e São Bento (modalidades de jogo). Telmo (‘Raposa’ o seu alcume), categoría C, 2º lugar clasificación xeral, mellor Jogo de Benguela (modalidade de jogo).


‘4º Batizado e Troca de Cordas Abadá-Capoeira’ en Mos
Por outra banda Seminario aproveitou para presentar o evento de ‘4º Batizado e Troca de Cordas Abadá-Capoeira’ que organiza en Mos, concretamente no Pavillón Patricia Martínez, Centro Dotacional de Torroso e Pazo de Mos; os vindeiros 24 e 25 de setembro. Que contará como convidado especial, responsable de supervisar o evento e administrar os cursos, ao Mestrando Cascão, natural de Río de Janeiro. E para este evento xa hai preto de 100 participantes rexistrados de Galicia e de varias comunidades autónomas e tamén participantes internacionais de Angola e Portugal.

 

O sábado 24 de setembro en horario de 08:30-09:00h farase a recepción. De 09:00-11:30h workshops (técnico) e Roda de Capoeira (xuvenil e adultos). E de 10:00-11:00h curso infantil. Todo no Pavillón Patricia Martínez. Tamén o sábado 24 de 12:15-13:30h, campaña “Capoeira contra o cancro” (infantil, xuvenil, e adultos). Aberto a todos os públicos con exhibición de Capoeira, actuación por parte da escola de música Allegro e conferencia co Dr. Esteban Castelao, director da unidade de oncoloxía e xenética do CHUVI e co-director de BREOGAN (Consorcio Galego do Cancro de Mama). Terá lugar no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Continuando coa xornada do sábado, de 13:15-16:00h terá lugar a comida, seguida de 16:30-17:30h da Aula Afrohouse con Muxima (xuvenil e adultos). A continuación, de 17:45-19:30h, Batizado e troca de cordas (infantil, xuvenil, e adultos). Tamén no auditorio do Centro Dotacional de Torroso.

 

Por último, o domingo 25 de setembro, en horario de 11:00-13:00h, haberá Aulão e Roda Pazo de Mos (infantil, xuvenil e adultos) con actuación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso e exhibición de Capoeira, no Pazo de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.