Vigo
Vigo mellora os niveis de contaminación acústica que sofre dende hai anos
É unha das 120 cidades de toda Europa onde o ruido do tráfico é máis perxudicial para a saúde
A Xunta de Goberno aprobou a revisión do Mapa Estratéxico do Ruído (Fase IV). Vigo é o primeiro concello de España en publicar a cuarta revisión. “Seguiremos traballando na redución dos ruídos”, manifestou Abel Caballero en rolda de prensa.
Vigo ten menos ruído nas rúas que fai cinco anos. Así o confirma o Mapa Estratéxico do Ruído (Fase IV) aprobado a semana pasada na Xunta de Goberno Local, sendo así o primeiro concello de España en aprobar a cuarta revisión.
Vigo é unha das 120 cidades de toda Europa onde o ruido do tráfico é máis intenso e continuado
Abel Caballero deu conta en rolda de prensa dos detalles: “O ruído é fundamentalmente producido polo tráfico viario. Non temos ruído do ferrocarril, eu conseguín que entrara en túnel na cidade”.
O primeiro edil destacou as humanizacións de Ronda de Don Bosco e Praza Compostela, onde reduciuse en 5 decibelios os niveis de ruído. Tamén explicou que as humanizacións e o plan de “Cidade 30km/h” está a funcionar como elemento redutor.
Outros dos elementos que melloran a fluidez do tráfico, como son as turbo rotondas, están a mellorar os índices de decibelios en zonas como Praza América e a glorieta de Alfageme na Avenida de Castelao.
Caballero di “tomarse en serio” esta cuestión e manifestou que o goberno local seguirá a traballar para reducir a contaminación acústica na cidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60