Galicia
A Xunta convoca novas probas Celga para os niveis 2, 3 e 4
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, remata o día 30 deste mesmo mes
A Xunta de Galicia publicaba no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega. Trátase da segunda convocatoria que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades efectúa en 2022 e nela prevese a realización das probas correspondentes aos niveis Celga máis solicitados: nivel 2, nivel 3 e nivel 4.
A realización destas probas prevese para a segunda quincena de novembro e, de ser o caso, tamén para a primeira de decembro, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada. As datas concretas das probas publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e mais no Portal da Lingua Galega.
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, comeza o día 12 de setembro e remata o día 30 deste mesmo mes.
As solicitudes e mais o xustificante de pagamento da taxa poderán presentaranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou de modo presencial. A taxa é de 16,92€ por cada un dos niveis en que a persoa interesada solicite inscribirse, salvo que estea exenta por acreditar unha discapacidade igual ao superior ao 33 %.
Os certificados de lingua galega (Celga) poden obterse a través da superación destas probas que convoca periodicamente a Xunta ou ben a través da validación de estudos nos supostos recollidos na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186