REDONDELA
A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao río Maceiras
Augas de Galicia notificou esta situación ao Concello de Redondela, que executou unha obra de reparación no colector de saneamento que presentaba a filtración
A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais ao río Maceiras, no concello de Redondela.
O persoal inspector do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, observou indicios de achegas contaminantes a través dun punto de evacuación ao río Maceiras da rede de augas pluviais.
Os técnicos realizaron unha campaña de seguimento ata detectar a orixe do vertido, que tiña lugar na existencia dunha filtración no colector da rúa Salgueiral.
Augas de Galicia comunicoulle esta situación ao Concello de Redondela e solicitoulle a adopción de medidas para acadar unha solución. Así, o ente municipal executou unha obra de reparación no colector de saneamento que presentaba a filtración.
Nunha inspección recente, os técnicos autonómicos constataron o cese de contaminación microbiolóxica no efluente evacuado ao dominio público pola rede de pluviais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17