Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 16 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Rodrigo Iglesias, novo director da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Ante a marcha do ata agora director da Banda de Música de Xinzo Javier Blanco por motivos profesionais, a agrupación pontareana ten xa novo director. Trátase do vigués Rodrigo Iglesias, quen tomará a batuta da banda ata, como mínimo, finais deste ano. En xaneiro, a Banda de Xinzo abrirá probas para a elección definitiva de director.


Rodrigo Iglesias (Vigo, 1994) conta cun destacado currículo, pois, tras comezar os seus estudos musicais en Valladares, continuou a súa formación como trompetista no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, onde obtivo o premio de Fin de Grao. Pero non sería este o único, pois ao finalizar en 2018 o grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo, volveu ser recoñecido cun galardón similar, o Premio Extraordinario de Fin de Grao Superior. A isto, súmase o seu paso por orquestras tan importantes como a Orquestra Joven da Sinfónica de Galicia ou a Orquestra Joven Leonesa, así como a súa colaboración aínda a día de hoxe noutras como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquestra Sinfónica de Extremadura.

Ademais, traballa como profesor de trompeta en varias escolas de música.


A partir de agora, á súa traxectoria engádese o poñerse a cargo da agrupación pontareana. “Síntome moi agradecido e entusiasmado por esta oportunidade de dirixir a Banda de Música Xuvenil de Xinzo”, asegura Rodrigo, para quen é “un pracer tomar a batuta dunha agrupación que conta cun gran nivel e unha traxectoria impecable”.


Co seu novo director ao mando, a Banda de Xinzo céntrase xa na próxima gran cita: o concerto anual en honra a Santa Icía, que terá lugar a finais de novembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.