GALICIA
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León explicarán en Europa a situación “real” do lobo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os seus homólogos autonómicos entrevistáronse hoxe co comisario europeo Virginijus Sinkevincius
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León solicitarán comparecer de maneira conxunta ante o Parlamento Europeo para dar a coñecer a situación “real” do lobo ibérico ao norte do río Douro, así como as dificultades coas que afrontan as catro comunidades a súa xestión desde que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miterd) decidiu incluílo, hai un ano, na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe).
Así llo trasladaron esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada polos seus homólogos autonómicos, ao comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevincius, con quen mantiveron unha reunión en Bruxelas para falar, precisamente, do lobo ibérico, do seu estado de conservación actual e da necesidade de manter o difícil equilibrio entre esta especie e a actividade agrogandeira coa que comparte territorio.
Neste sentido, a responsable galega subliñou que para asegurar a continuidade do lobo en Galicia e a súa convivencia co sector primario, a Xunta aprobou en 2008 un Plan de xestión específico que, entre outras medidas, prevía a posibilidade de autorizar accións puntuais de control sobre as poboacións desta especie, así como axudas económicas dirixidas tanto a previr posibles ataques como a paliar, de ser o caso, os danos causados, mobilizando a tal fin 5,85 millóns de euros entre os anos 2016 e 2022.
O resultado destes esforzos, tal e como dixo, foi que durante os últimos 15 anos se logrou manter nun estado de conservación “favorable” as poboacións de lobo existentes en Galicia, garantindo á vez a súa convivencia co medio rural. Esta situación, sen embargo, contrasta coas conclusións transmitidas polo Goberno central ás autoridades comunitarias sobre a situación actual da especie nestas catro comunidades, un territorio que concentra o 95% dos exemplares de lobo ibérico de todo o país e cuxa realidade non ten nada que ver coa que presentan as poboacións ao sur do río Douro.
As comunidades que concentran o 95% dos exemplares de todo o país subscriben unha carta censurando que o informe sexenal remitido por España sobre o estado do lobo non se corresponde cos datos achegados polos Gobernos rexionais e defenden a necesidade de reforzar o seu peso na xestión destas poboacións
Así, os catro representantes autonómicos entregáronlle ao comisario unha carta conxunta na que lle trasladan a situación que supuxo para os seus territorios a inclusión desta especie na Lesrpe, o que lles impediu levar a cabo a xestión e conservación do lobo como viñan facendo desde hai máis dunha década, con controis mediante a extracción de exemplares puntuais polo danos causados nas explotacións gandeiras.
Na mesma liña, censuran que o informe de seguimento sexenal remitido por España sobre o lobo conteña “erros incomprensibles” e conclúa que o estado de conservación da especie é “desfavorable inadecuado”, algo que non se corresponde coa realidade nin cos datos achegados polos Gobernos rexionais, administracións responsables da xestión das poboacións nos seus respectivos territorios.
Por iso, defenderon tamén a necesidade de reforzar o peso das rexións na Unión Europea para que o traballo que realizan no marco das súas competencias as comunidades autónomas poida ser tido en conta e valorado.
Situación na Comunidade galega
Con relación á situación concreta de Galicia, Ángeles Vázquez explicou que da análise realizada pola Xunta sobre a dinámica poboacional da especie, a súa área de distribución natural e as perspectivas futuras durante o período 2013-2018, concluíuse “claramente” que o lobo presenta un estado de conservación “favorable”.
De feito, avanzou que os traballos para actualizar o censo do lobo na Comunidade —que se prevén rematar no último trimestre deste ano— apuntan a que a situación se mantén nesta mesma liña. “Solidariedade si, pero instamos ao Goberno central a que nos deixe ás Comunidades ao norte do río Douro a seguir facendo a xestión da especie”, declarou a conselleira, quen lembrou que en Galicia se rexistran unha media de 6 ataques diarios.
Invitación para visitar Galicia
Ante esta situación e os prexuízos que supón para as súas comunidades o actual estatus do lobo, os catro representantes autonómicos convidaron ao comisario así como a unha delegación da Comisión de Medio Ambiente da Eurocámara a visitar os seus respectivos territorios para coñecer sobre o terreo a situación real do lobo e escoitar de primeira man as demandas e problemas dos gandeiros e veciños das zonas nas que se concentra.
De igual xeito, convidaron tamén á Comisión a realizar as auditorías que estimen oportunas para cotexar os datos do lobo nas catro comunidades.
Ángeles Vázquez salienta que a avaliación das poboacións galegas nos últimos anos reflicte que o estado de conservación da especie na Comunidade é “favorable” e avanza que os traballos para actualizar o censo do lobo apuntan na mesma liña
Cómpre lembrar que en setembro do ano pasado entrou en vigor a orde ministerial pola que se incluíu a todas as poboacións de lobo ibérico ao norte do río Douro dentro da Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe). Esta decisión, adoptada unilateralmente polo Goberno central e sen ter en conta o criterio das principais comunidades lobeiras, supuxo a prohibición práctica de calquera medida de control cinexético fronte á especie debido ao seu novo nivel de protección.
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León recorreron a orde ante a Xustiza, ao entender que o estado de conservación favorable da especie non xustificaba desde o punto de vista científico a decisión, nin tampouco se adoptara seguindo os trámites previos nin os pasos habituais para introducir unha nova especie na Lesrpe.
A pesares disto, o pasado mes de xullo o Ministerio aprobou a nova Estratexia para a conservación e xestión do lobo e a súa convivencia coas actividades do medio rural, sen ter novamente en conta as alegacións das principais comunidades lobeiras e co voto en contra de Galicia, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186