Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos felicita ao seu Míster España Supranational, Iván Álvarez Guedes

O mosense, enxeñeiro de profesión, foi proclamado míster o pasado agosto en Nerja

O pasado 6 de agosto, o mosense Iván Álvarez Guedes, enxeñeiro de loxística no sector sa automoción, foi proclamado Míster Supranational na Gala Final de Míster RNB España 2022, motivo polo cal foi recibido hoxe pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a Corporación Municipal mosense, no salón de sesións do Concello, para felicítalo polo seu éxito.

 

Iván Álvarez Guedes foi elixido Míster Supranational na Gala Final de Míster RNB España 2022 clelebrada o pasado agosto en Nerja e representará a España na 7ª edición de Mister Supranational que terá lugar no verán de 2023 en Polonia. O Centro Cultural Villa de Nerja acolleu a Gala Final de Míster RNB España 2022 na que se elixiron aos representantes nacionais para os principais concursos Grand Slam de beleza a nivel internacional.

 

Tras o veredicto do xurado, Pablo Estrada, representante de Soria, proclamouse Míster RNB Caballero Universal. Abel Muelas, de Badaxoz, é o novo Míster RNB España Global. Pola súa banda, Borja Ramo, candidato por Teruel, representará ao noso país como Míster International. E finalmente, Iván Álvarez, representante de mosense, foi proclamado Míster Supranational. Ademais, resultaron finalistas Trino Ávila de Navarra e Odei Jainaga de Bizkaia.

 

Nesta gala competiron 52 candidatos (1 de cada provincia). Dos 52, elixíronse a un total de 4 gañadores, cada 1 representará a España nun concurso internacional (Míster Supranational-o mosense Iván Álvarez, Míster International, Míster Global e Caballero Universal).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.