SALUD
O Programa Coidados Porta a Porta da Xunta leva beneficiado a máis de 17.000 persoas maiores
O director xeral Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitaba a unidade móbil situada no concello de Sober
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta semana a unidade móbil do programa de Coidados porta a porta ao seu paso polo concello de Sober. Durante o encontro, sinalou que esta iniciativa leva beneficiado a 17.000 persoas maiores desde o pasado mes de marzo, cando comezou o seu percorrido por todos os concellos galegos agás as sete cidades.
O programa Coidados porta a porta ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude para achegar esta atención ás proximidades dos fogares das persoas maiores, de maneira que conten con servizos na súa contorna e poidan seguir vivindo alí onde prefiran.
Antón Acevedo sinalou que para ser atendido en calquera dos autobuses do programa, que continuarán percorrendo todo Galicia, é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Máis servizos no rural
O director xeral apuntou que o Goberno galego segue apostando por un rural con servizos que ofreza aos seus veciños todas as atencións que poidan necesitar. Neste sentido, lembrou que a Xunta segue reforzando o Servizo de Axuda no Fogar, que leva ás casas de 24.000 galegos a atención dun profesional especializado.
Así mesmo, destacou que se segue ampliando a rede de casas do maior. Estes centros, situados nos concellos menos poboados de Galicia, superan nestes momentos o centenar. Nestas instalacións, as persoas usuarias manteñan un ritmo de vida activo na súa propia contorna.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136