Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 22:35:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 15 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Lete Lasa enxalza o núcleo de adestramento especializado do club Kayak Tudense

O club de piragüismo recibiu da Secretaría Xeral para o Deporte máis de 500.000 euros desde 2009 e agora vén de ser recoñecido co Núcleo de Adestramento Especializado (NADE) pola Xunta

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do LI Descenso Internacional  do Miño que organiza o Club Kayak Tudense e que este sábado 17 de setembro contará coa participación de padexeiros de España, Portugal, Arxentina e Uruguai. Lete Lasa recordou as orixes do Descenso acudindo a 1964 cando o Club San Telmo organizou a súa primeira edición na que participaron medio centenar de embarcacións. Hoxe, dixo, “son preto dun milleiro de deportistas os que participan: 570 no descenso popular celebrado o pasado 13 de agosto e os máis de 400 que se agardan para este Descenso Internacional e federado”.


O mandatario galego recoñeceu o gran traballo do Club Kayak Tudense que desde o ano 1980 organiza o Descenso e que “tres décadas despois segue realizando esta importante e exitosa proba deportiva en augas do río Miño”.


O titular da Secretaría Xeral para o Deporte asegurou que, a pesar de que esta proba se trate dun descenso, o piragüismo galego non fai máis que medrar en participantes, como demostran as preto de 6.000 licenzas coas que conta a federación galega sendo líder nacional en practicantes e en número de clubs; en resultados, como se observa nas decenas de medallas internacionais que conseguiron os piragüistas sénior, júnior e sub23 mundo neste verán; pero tamén en colaboración autonómica. A Federación Galega de Piragüismo conta ano tras ano coa maior axuda da Secretaría Xeral para o Deporte ás federacións e o Club Kayak Tudense recibiu desde 2009 máis de medio millón de euros da Xunta.


Entre todas estas axudas, Lete Lasa destacou principalmente o recoñecemento do núcleo de adestramento deportivo especializado NADE que vén de recibir neste mesmo ano o Club Kayak Tudense para a preparación técnico-deportiva orientada ao alto nivel ou ao alto rendemento deportivo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.