MOS
Preto de 200 patinadores de toda Galicia dánse cita na II Fase Categoría Rexional de Patinaxe Artística
Organizada polo CPA Rosaleira de Mos e a Federación Galega de Patinaxe, celebrarase esta fin de semana no Pavillón Óscar Pereiro
O Clube de Patinaxe Artística Rosaleira de Mos e a Federación Galega de Patinaxe organizan esta fin de semana a II Fase Categoría Rexional de Patinaxe Artística, que foi presentada esta mañá no salón de Sesións do Concello de Mos polo coordinador de deporte escolar en Vigo, José Manuel Freire Piñeiro, o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal, e a coordinadora deportiva do CPA Rosaleira, Beatriz Fernández Bahamonde.
O Pavillón Óscar Pereiro acollerá esta II Fase da Categoría Rexional durante o sábado 17 de setembro e o domingo día 18 en horario de 9.00 horas da mañá a 21.00 horas da noite.
Participarán un total de 175 patinadores e patinadoras procedentes de clubes de toda Galicia e de categorías desde benxamín a categoría absoluta con idades comprendidas desde os 6/7 anos ata os 19/20 anos.
Con esta II Fase Rexional a patinaxe artística mosense e galega continúa a súa tempada deportiva tras o descanso estival con moita forza e ganas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149