VIGO
A Xunta aproba o proxecto da 1ª fase de humanización da Avenida de Galicia en Teis
Autorízanse as expropiacións necesarias para executar esta actuación na estrada PO-323, que inclúe unha glorieta para mellorar o acceso á ETEA e a reformada intersección co centro de saúde
O Consello da Xunta acordou a aprobación do proxecto de construción das obras da primeira fase do proxecto de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo.
O investimento que o Goberno galego destinará a esta actuación na estrada autonómica PO-323 será de arredor de 2,5 M€, no que se inclúe o pagamento dos 7 predios necesarios para a execución da intervención nesta estrada da Xunta, vía de entrada na cidade.
A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Goberno galego, leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta nova intervención, que ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible na zona, coa adopción de medidas de acougado do tráfico rodado e mellora dos itinerarios peonís existentes.
Máis concretamente, a actuación céntrase no treito comprendido entre o cruce da estrada autonómica coa avenida Mariña Española e o IES de Teis, que acada un tramo duns 500 metros da estrada PO-323, no que se definen as medidas de calmado de tráfico e de protección de peóns neste viario de características moi urbanas.
Esta primeira fase do proxecto de reforma deste tramo da vía autonómica ten en conta puntos singulares como os cruces coas vías que dan acceso ao centro de saúde e á ETEA. O deseño definido polo departamento de Infraestruturas da Xunta busca, ademais, coordinar a súa execución co desenvolvemento efectivo do Campus do Mar na antiga ETEA.
Máis en detalle, proxéctase a mellora e ampliación das beirarrúas en ambas as marxes do treito de actuación, de modo que sexan máis continuas e accesibles, así como a execución dunha glorieta na intersección entre a avenida de Galicia (PO-323) e a avenida da Mariña Española, pola que se accede á ETEA.
Actuarase nun treito de 500 metros entre a intersección coa avenida da Mariña Española e o Instituto de Teis, no que se ampliarán as beirarrúas e se mellorará a accesibilidade
A intervención incluirá a recolocación das marquesiñas, a instalación dunha varanda modular e a reposición do muro de peche existente, co fin de mellorar visualmente a integración da actuación na zona do Camiño Portugués.
Tras a análise das achegas recibidas a nova zona de aparcadoiro situarase na parcela contigua ao IES de Teis, ao non ser viable a ubicación inicialmente prevista enfronte do centro de saúde, e manteranse as prazas de aparcamento actuais, na avenida de Galicia, entre os números 104-120 e nos números 67-69, que inicialmente se suprimían.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará as obras e convocará o levantamento de actas previas das expropiacións no último trimestre deste ano, co obxectivo de comezar os traballos na primavera de 2023. A actuación ten un prazo de execución de 12 meses.
A Xunta prevé finalizar a actuación cunha segunda fase que complete a mellora da estrada no termo municipal de Vigo, ata o límite municipal con Redondela, e cuxo proxecto xa se está preparando para ser sometido a información pública neste outono.
O Goberno galego continúa traballando no mantemento e mellora da rede viaria autonómica co fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122