Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 19 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:

ACiP denuncia o “pasotismo” do goberno de Ponteareas ante a perigosidade dun pozo

ACiP puxo este feito en coñecemento da alcaldesa que a día de hoxe"nin respostou nin actuou".

No pasado mes de agosto varios veciños trasladaron a  formación a súa preocupación ante a existencia dun pozo sen tapiar nunha parcela pola que a diario transitan centos de viandantes.


Tras constatar estas queixas, dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas "puxemos en coñecemento do goberno municipal a existencia deste pozo. Mediante un escrito presentado o 16 de agosto nas dilixencias municipais, advertimos a alcaldesa desta grave situación e sinalándolle a parcela correspondente".


"Transcorrido case un mes a Sra. Fernández non ofreceu resposta algunha nin se tapiou o referido pozo".Nestes días veñen de recibir unha notificación da concelleira de Medioambiente, "na que unha vez máis rematan “botando balóns fora”, sinalando que "ao ser unha parcela privada non teñen capacidade de realizar actuación algunha. Con esta resposta trata de enganarnos, xa que o Concello ten responsabilidade, ao ser o titular da parcela que linda e que contén o parking público da rúa Braña, sen estar valada, co cal o acceso está completamente aberto" aseguran dende ACIP.

 

 

 

 

Dende o inicio do período lectivo  "son centos os nenos que recorren as inmediacións a diario"

 

 

 


Co inicio do curso escolar a situación incrementou todavia máis a perigosidade, xa que este pozo conta cunha profundidade de gran consideración,  e actualmente transitan pola zona centos de rapaces e rapazas para acudir aos centros educativos.


Para Juan Carlos González Carrera, portavoz de ACiP na corporación ponteareá, esta «situación é gravísima, xa que no momento que o Concello ten coñecemento dun perigo debe actuar. No caso de Ponteareas prefiren escapar das súas responsabilidades, polo que dende ACiP non imos aceptar este tipo de actitudes de absoluto “pasotismo” que poden rematar nunha desgraza». Carrera quixo engadir que «unha vez máis vémonos obrigados a denunciar que a alcaldesa non responde; non actúa e escóndese, sen tomar as medidas pertinentes».


Por esta razón dende ACiP quereN por en coñecemento dos medios de comunicación estes feitos, a ver se con este incentivo os membros do equipo de goberno (composto por BNG e PSOE) deciden actuar como corresponde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.