Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Xornal21.es
Viernes, 16 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Tornar ás táboas” regresa este outono á provincia para “democratizar” a cultura

Carmela Silva: “A xente demanda teatro, pero non hai quen o promocione; por iso a Deputación impulsa este ciclo para chegar ao conxunto do territorio”

O outono chega co mellor teatro á provincia da man da segunda edición do programa “Tornar ás Táboas”, que a Deputación puxo en marcha no 2021 para reactivar a escena teatral e achegala aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Neste 2022 ampliouse o orzamento para esta actividade, tal e como destacou hoxe a presidenta provincial Carmela Silva, que pasa de 80.000 euros a 126.000 euros co obxectivo de incrementar o número de funcións, consolidar o proxecto “e levalo a todo o territorio”. Deste xeito, explicou a presidenta, chégase aos 47 concellos, 11 máis que na anterior edición. “A xente demanda teatro, o que ocorre e que non hai quen o promocione, por iso a Deputación de Pontevedra impúlsao para que chegue ao conxunto do territorio”.

 

Nesta segunda edición, que dá comezo neste mes de setembro e finalizará en decembro, volve o teatro da man da Deputación aos concellos da provincia con máis forza, máis espectáculos e novas localizacións dentro da programación de “Con-Fiando Cultura”. Este ano “Tornar ás Táboas” volve apoiar ás nosas compañías, garantindo o acceso á programación cultural en todos os recunchos da provincia.  “Os pequenos concellos teñen máis dificultades para ter teatro e nós queremos democratizar a cultura. A cultura ten que chegar a todos os concellos”, subliñou Carmela Silva.

 

A institución, fomenta este programa con concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes e conta con compañías profesionais da provincia para ofertar o mellor teatro en todo o territorio. Participan 25 compañías que ofrecerán 47 espectáculos. As representacións darán comezo o 23 de setembro en Rodeiro e finalizarán o 18 de decembro en Caldas de Reis e Arbo, destacando neste percorrido, unha función moi especial para a rapazada do Centro Príncipe Felipe o vindeiro 29 de setembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.