Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 16 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta colabora coa Fundación Pazo de Mos na difusión da historia, a arte e a cultura galega

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades asina un convenio co presidente da entidade para contribuír cos gastos de funcionamento

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, achegouse esta tarde ata o Pazo de Mos, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e demais membros do goberno local, para asinar co presidente da Fundación Pazo de Mos, Manuel Castro, un convenio polo que a Xunta vai colaborar coa entidade na difusión da historia, a arte e a cultura de Galicia.

 

O acordo polo cal o Goberno galego contribúe cos gastos de funcionamento desta fundación ten por obxectivo apoiar as súas actividades, entre as que se inclúen desde visitas e formacións ata exposicións, concertos ou espectáculos de artes escénicas. “Desde o ano 2006 a Fundación Pazo de Mos, grazas á implicación e esforzo dos veciños, fai un importante labor para dinamizar a vida cultural deste municipio e ofrecer unha programación diversa e de calidade”, salientou Román Rodríguez.

 

Neste senso, o responsable autonómico de Cultura agradeceu o traballo veciñal e o seu compromiso co legado da nosa Comunidade participando en eventos como o Festival Intercéltico O son do Pazo que se acaba de celebrar.


Por outra banda desde o Concello de Mos aproveitouse tamén para asinar coa Fundación Pazo de Mos o convenio anual polo que a administración local apoia á fundación con 10.000 euros. Neste senso, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “o compromiso incondicional do Concello de Mos co seu patrimonio histórico, cultural e arquitectónico, por iso continuamos a senda de apostar por axudar á Fundación Pazo de Mos”. Ademais Arévalo agradeceu enormemente “a man sempre tendida da Xunta de Galicia e da consellería de Cultura en particular, apoiando e premiando o esforzo que desde a administración local e colectivos mosenses facemos para poñer en valor a cultura galega e o Camiño de Santiago”.

 

O obxecto deste convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos, polo que a Fundación se compromete á cesión de uso das instalacións do Pazo de Mos para a realización de actos institucionais por parte do Concello e reunións nas instalacións do Pazo de Mos, principalmente a celebración de sesións plenarias coa periodicidade establecida así como reunións puntuais con asociacións, veciños, actividades culturais, deportivas...

 


Reforma integral da biblioteca

Con esta contribución, amplíase o compromiso da Consellería co municipio de Mos, que se reflicte na achega de 250.000€ para a reforma integral da biblioteca municipal, o que permite seguir impulsando os servizos culturais de proximidade.

 

[Img #77687]

Tamén nos traballos arqueolóxicos que están actualmente en execución no Castro de Pereiras, que o conselleiro visitou, e que se realizan en colaboración co Concello e a Comunidade de Montes de Pereiras co fin de consolidar e poñer en valor os restos atopados nas anteriores campañas.

 

A actuación na parroquia mosense de Pereiras encádrase na estratexia de Xunta de Galicia para coñecer mellor o noso pasado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.