
Vólvese a unha feira presencial na que a gastronomía e as exposicións tamén se sumarán como elemento esencial e na que se contará de novo cun pregoeiro de altura, o valenciano Pedro Ballesteros, o primeiro español Master of Wine, enxeñeiro agrónomo con mestrado en Viticultura e Enoloxía e unha das persoas que máis saben de viño no mundo. El dará o pistoletazo de saída á feira o venres 7 cunha cata ás 12.30 h e co pregón durante o acto inaugural ás 20.00 h. O concerto de Moon Cresta porá o peche á primeira xornada.
Xa o sábado 8 as casetas abrirán ás 11.30 horas para dar paso ás 12.00 h ao showcooking dos chefs Iván Méndez e Álex Iglesias no marco do proxecto de cooperación transnacional Eurochef, do que forma parte Eu Rural. Ás 13.30 h concerto lixeiro con Blues do País ao abeiro do proxecto Música e Viño no teu Camiño, promovido por Eu Rural dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Pola tarde é a quenda dos máis pequenos, que desfrutarán da maxia co Mago Paco ás 17.00 h. Logo virá un clásico da Feira, o grupo de gaitas Airiños do Folón, que deixarán paso ao concerto de peche da xornada, o do grupo Broken Peach.
O domingo 9 o día arranca cos xogos da empatía, “porque somos terra de viños, pero tamén de inclusión. Con estes xogos porémonos todos e todas do outro lado e comprobaremos como é xogar ao baloncesto en cadeira de rodas, xogar á petanca a cegas por parellas, correr cos ollos pechados... Todo un reto e unha forma de sensibilizar a toda a veciñanza”, explicou a rexedora. O concerto lixeiro das Pandereteiras Tremelique ás 13.00 h acompañará ao público mentre se toma un bo viño do Rosal. O broche de ouro da Feira correrá a cargo de Awen, que ofrecerá un concerto a partir das 20.00 h.
Alquiler de espacios para eventos
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.