REDONDELA
O Cemiterio dos Eidos candidato no concurso nacional Cemiterios
O cemiterio de Eidos figura entre un dos sete camposantos candidatos do concurso Cemiterios de España convocado pola revista Adios Cultural, un certame que, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas, busca poñer en valor “a importancia histórica, cultural, social, artística e patrimonial que teñen os cemiterios, elementos que concorren todos eles no cemiterio dos Eidos”.
Agora, os sete cemiterios finalistas poderán ser votados a través dunha consulta na rede as persoas que desexen participar tan só deberán darse de alta cun correo electrónico e un DNI. Na páxina existe un amplo dossier dos cemiterios finalistas, entre eles o redondelán dos Eidos.
Compre lembrar que o Goberno presidido por Digna Rivas rehabilitou por completo un espazo totalmente degradado, obxecto do máis absoluto dos abandonos por parte dos anteriores gobernos, devolvéndolle o seu esplendor e poñendo en valor a importancia que, dende o punto de vista histórico e patrimonial, ten este cemiterio, considerado como Cemiterio Histórico pola Deputación de Pontevedra e que aspira a entrar na lista de Cemeterios Singulares de Europa.
Para facilitar o proceso de votación, as persoas interesadas poderán dirixirse á Oficina de Turismo, nos baixos da Casa do Concello de Redondela, onde se lles informará sobre como facer a votación de xeito doado dende o seu teléfono ou dispositivo móbil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17