SALCEDA DE CASELAS
Salceda otorga máis de 126.000 euros a diversos colectivos
O Concello de Salceda de Caselas asinou recentemente os convenios de colaboración coas asociacións co que percibirán 126.751,40€ que servirán para axudar aos colectivos a sufragar os seus gastos de funcionamento e actividades. O acto de sinatura celebrouse no Auditorio Municipal e contou coa presenza da Alcaldesa Verónica Tourón, a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira e o Concelleiro de Cultura e Asociacionismo Álex Rodríguez.
Nos máis de 126.000 euros que se destinan, asináronse convenios cos centros culturais (900 €), os coros (700 €), as asociacións de veciños (400 €), os entroidos do Castro Barreiro e da Feira (1.600 €), a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda (22.000 €), o CEP Altamira (1.200 €), o IES Pedras Rubias (2.400 €) e a Asociación de Xubilados e Xubiladas e Pensionistas (3.000 €). No eido deportivo, 22.551,40 € son para as Escolas Deportivas, 18.000 € para o Caselas C. F., 4.550 € para os Clubes de Balonmán e Baloncesto e 400 € para o Club Ciclista Aragonta.
Tamén reciben axudas por segundo ano a Escola de Fútbol Dénis Suárez e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAGA) con 15.000€, A asociación de Persoas Voluntarias de Protección Civil con 1.500€, a Asociación de Comerciantes e Industriais e a Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista TrezeCatorze con 900€ e a Asociación de Mulleres Rurais Caselas 400,00€.
As subvencións de maior importe son as que reciben a Asociación de Amigos e Amigas da Música, que engloba a Escola de Música de Salceda así como a Banda de Música, movendo en total máis de 400 persoas de tódalas idades, e as Escolas Deportivas, con cerca de 500 participantes. Considérase tamén fundamental o apoio ás actividades dos centros escolares públicos, que a pesares de non estar dentro das competencias dos Concellos reciben tamén unha aportación municipal.
Os convenios supoñen un importante esforzo financeiro, mais o Concello considera estratéxico continuar apostando polo tecido asociativo, que tanto dinamismo ofrece durante todo o ano, tanto na vila como nas parroquias. Este ano ademais, é un ano moi importante, xa que as asociacións retornaron ás súas actividades habituais logo do parón obrigado pola pandemia da COVID 19.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11