Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

A Deputación reduce as súas emisións de CO2 no edificio da biblioteca e o xulgado de paz de Mos

As obras de reforma integral do edificio da Biblioteca Municipal e o Xulgado de Paz de Mos avanzan co impulso da Deputación de Pontevedra a través do plan Reacciona Pontevedra (ReacPon). Os traballos, cun orzamento total de 481.376 euros dos que a Administración provincial achega o 75% (361.032 euros) foron visitados recentemente polo deputado Carlos Font e a deputada Victoria Alonso, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo.

 

Os traballos, que comezaron o mes de xullo, rematarán en torno a abril 2023 e, ademais da actualización de tódalas instalacións poñen especial acento na sostibilidade e eficiencia enerxética, en liña coa Axenda 2030 e a aposta da Deputación pola redución do impacto ambiental en tódalas súas actuacións. Así, segundo datos do proxecto, estímase unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro superior ao 80%.. No caso das instalacións de refrixeración alcanzará un 89% e será dun 80% co novo sistema de calefacción, mentres que a redución nas emisións de CO2 polo cambio na iluminación sumará outro 1,8%.

 

O inmoble, situado no núcleo rural da Porteliña, data de 1985. Conta cun andar baixo e primeiro andar cunha superficie de 318 metros . A Biblioteca municipal, con 226 metros cadrados, ocupa a maior parte, mentres que os restantes 92 metros correspóndense coas dependencias do Xulgado de Paz.

 

Despois da reforma converterase nun edificio eficiente dende o punto de vista enerxético gracias á instalación dunha bomba de calor, á optimización do illamento das catro fachadas e a instalación dunha nova cuberta de zinc con la de rocha. Ademais, a carpintería exterior pasará a ser de aluminio con rotura da ponte térmica. A sostibilidade tradúcese tamén na aposta pola iluminación led e a renovación da antiga instalación eléctrica. En canto ao aspecto exterior manterase a fachada de granito rosa do Porriño e deixaranse á vista os elementos estruturais de formigón. Empregaranse, por tanto, materiais nus, retirando materiais engadidos sobre a estrutura. En canto ao interior, a madeira será a protagonista na futura Biblioteca municipal de Mos. O mobiliario quedará disposto a media altura para ir moldeando o espazo e conseguir un ambiente confortable, que permite o contacto visual na totalidade da estancia.

 

Finalmente, a reforma en marcha servirá para dar cumprimento ás esixencias actuais da normativa en materia de seguridade, incendios, accesibilidade, salubridade, aforro de enerxía e illamento acústico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.