Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 22 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponte Solidario convoca unha asemblea para debater o seu futuro

A asociación local valora como unha situación de extrema urxencia que a Dirección Xeral de Mobilidade gobernada polo Partido Popular decida de forma unilateral botar ao colectivo do seu local actual

Ponte Solidario leva meses denunciando a incerteza na que se atopa en torno ao local que usan, dende o ano 2017, na estación de autobuses de Ponteareas. Dende que o goberno local cedeu as chaves á Xunta de Galicia, a asociación está ao borde do desaloxo.


Representantes da asociación mantiveron unha xuntanza coa Dirección Xeral de Mobilidade o pasado mes de xuño onde se indicaba que non é incompatible o uso actual de Ponte Solidario no edificio público coa futura concesión das instalacións a unha empresa privada. Isto é así porque no contrato publicado unicamente está afectada a planta de abaixo e as actividades do colectivo de acción social son realizadas maioritariamente na de arriba. Polo tanto, non se entende a présa que a Xunta de Galicia ten por botar a Ponte Solidario. Nesa mesma reunión, o colectivo preguntou se había intención de trocar o contrato de cesión incluíndo a parte de arriba e polo momento non recibiron ningunha información ao respecto.


Por outra banda, o vindeiro 28 de setembro, Ponte Solidario manterá unha xuntanza coa alcaldesa de Ponteareas e representantes de Vegalsa para valorar unha posible alternativa de local no caso de que finalmente a Xunta de Galicia non dea un paso atrás e manteña a súa decisión de botar a asociación do local da estación de autobuses.


Voluntarios e voluntarias de Ponte Solidario debaterán o vindeiro 8 de outubro nunha asemblea, aberta á participación de toda a cidadanía que o desexe, o seu futuro e anticipa que o modelo de toma de decisións asembleario, implantado desde o seu comezo como asociación no ano 2013, non é negociable e non van tolerar chantaxes e manipulacións do Partido Popular e da Dirección de Mobilidade da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.