Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 22 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP interésase polos permisos para o saneamento no Cerquido - Budiño

AUGAS DE GALICIA ESTÁ A PIQUES DE REMATAR A REDACCIÓN DO PROXECTO DEFINITIVO PARA LOGO PODER ADXUDICAR A OBRA

O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven visitar a zona do Cerquido, na parroquia de Sto. Estevo de Budiño, onde estiveron falando con varios veciños do lugar respeto da situación do ramal de sanemento que está pendente de executarse dende fai algúns anos.

 

Concretamente, ese ramal ven a sistituir o que estaba proxectado no documento inicial do sameamento desta zona da parroquia, e que sifriu variacións unha vez detectados erros moi graves no tocante a que a maioría das vivendas desa zona non verterían directamente e por caida libre o colector, se non que tendrían que facelo con bombeo, polo que se acordou esperar a que se abrise unha pista por detrás das casas para logo poder executar o ramal do que estamos a falar. "Ese compromiso vaise a cumprir, esperando que sexa o antes posible aínda sabenso dos plazos, documentación e trámites que se precisan", según lle dixo o voceiro popular os veciños que tivo a oportunidade de conversar con eles.

 

Santiago Rodríguez Dávila quixo “agradecer a paciencia dos veciños pola tardanza en poder ver o ramal executado e posto en servizo, pero sabían dende sempre que se faría e que vai quedar moitísimo mellor do que pretendían facer dende o goberno bipartito da Xunta co consentimento do goberno bipartito salcedense”.

 

Anunciaba tamén que “se a partir de maio somos goberno, o saneamento será unha prioridade absoluta en todo o Concello. Faremos con fondos propios, pequenos ramales e colectores de saneamento onde os veciños non pagarán nada por eles; todo o contrario do goberno actual, que lles fai pagar os veciños parte desas pequenas obras en vía pública. Unha cousa é o enganche hacia a vivenda, e outra distinta é ramales de media distancia dende logo se fai o enganche hacia a casa en concreto”.

 

Por último sinalaba que levarán o vindeiro pleno “unha moción aberta a propostas dos outros Grupos da Corporación, onde debatamos e acordemos os colectores prioritarios para o noso Concello, como poden ser o remate na parroquia Sto. Estevo de Budiño, Entenza, Soutelo, o barrio da Presa en Parderrubias, o Pazo e Loureiro en Picoña ou o Outeiro en San Xurxo, entre outros. Ese acordo debería sair por unanimidade de toda a Corporación.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.