GALICIA
A xunta aposta polo turismo "de calidade cunha proposta sostible e diferenciada"
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na gala de entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) a 26 establecementos do GDR Terras de Compostela
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou onte na entrega de diplomas SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destino) a 26 establecementos do GDR-19 Terras de Compostela, onde indicou a importancia de apostar por continuar potenciando o turismo de calidade cunha proposta sostible e diferenciada.
Nava Castro resaltou que actos como este poñen de manifesto o bo facer do sector turístico, e concretamente do territorio Terras de Compostela, que se incorporou en 2019 como destino SICTED. “Apostar pola calidade é fundamental xa que esta implica diferenciación e valor engadido e sitúa o noso destino nunha posición de maior privilexio fronte aos nosos competidores”, resaltou a directora de Turismo de Galicia.
O esforzo e a aposta pola calidade e polo turismo como motor impulsor en termos de renda e emprego do territorio nun sector tan transversal como o turístico o sitúa como un dos principais sectores dinamizadores do noso territorio e clave para a recuperación económica, polo que o feito de incrementar os destinos con distintivos de calidade, como o SICTED, redunda nunha mellora da imaxe do sector, pero tamén na mellora da confianza e da fidelidade dos turistas.
Estes galardóns premian o compromiso dos profesionais do sector coa calidade
“A calidade debe ser unha aposta constante no que o importante sexa o esforzo desenvolvido día a día a prol da optimización do servizo, de aí que o sector público e o privado temos que seguir traballando conxuntamente para que a calidade se converta nunha metodoloxía de traballo”, rematou Nava Castro.
A Asociación Terras de Compostela é unha asociación sen ánimo de lucro que promove o desenvolvemento local do seu territorio que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral, do seu ámbito territorial. Engloba os concellos da Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Teo, Val do Dubra, Vedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186