Domingo, 15 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Máis Porriño denuncia "desviación de cartos da partida orzamentaria de gasto social no Porriño"

Desde Máis Porriño veñen de denunciar públicamente a que consideran "inaceptable actuación do goberno municipal do Partido Popular do Porriño o desviar cartos das axudas dos veciños e veciñas mais necesitados para pagar partidas de festas no municipio".
 
 
"É evidente que promover o pobo e necesario, e que todo o que sexa activación do gasto no porriño e algo positivo, o que non se pode aceptar de ningún xeito e que se utilicen cartos da partida orzamentaria de gasto social para festas cuando, no Porriño, existen moitos veciños e veciñas e non teñen para comer, o non teñen vivenda garantizada" sinalan.
 
Máis Porriño: "a nosa decepción é tremenda, pensábamos que este alcalde era unha excepción no PP, que era diferente, a triste realidade é que parece ser mais do mesmo"
 
 
"Un goberno municipal debe ter claras as suas prioridades, o primeiro, e moi por riba de todo o demais, é o benestar dos veciños e veciñas, DE TODOS, e sempre a de ir primeiro o garantizar as necesidades básicas da veciñanza, e depois as festas" explican engadindo que "sen duvida en esta actuación, o goberno do PP do Porriño, se poden establecer as prioridades do goberno municipal popular...primeiro pon por diante ter distraída en festa e 'jolgorio' a veciñanza para que non se aprecie a nula xestion de este goberno municipal no que leva de mandato"
 
Até o de agora "só vimos promesas e anuncios, pero accions reais ningunha, todo marketing de anuncios acompañado de pan e circo para ter tranquila a plebe, como na época romana, pero xestion real ainda ningunha" sinalan dende Máis Porriño.
 
 
"A gota que colma o vaso é este inaceptable trasvase de cartos dos mais mais necesitados para pagos non esenciais. O gasto social é a única partida orzamentaria intocable, pois de esos cartos dependen os mais necesitados " explican.
 
Por último indican nun comunicado que "a nosa decepción é tremenda, pensábamos que este alcalde era unha excepción no PP, que era diferente, a triste realidade é que parece ser mais do mesmo,pero mais alá da decepción o que nos invade é a indignación, o PP de O Porriño está a malgastar os cartos dos porriñeses en automaketing de 'pan e circo'"
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.