GALICIA
O novo calendario de vacinación para toda a vida
Incorpora as vacinas do virus do papiloma humano nos varóns de 12 anos, do meningococo B nos nenos de 2 e 4 meses e a da gripe nos nenos de 6 a 59 meses nesta nova estratexia de protección contra enfermidades infecciosas
O Consello da Xunta ven de aprobar o novo Calendario de vacinación para toda a vida, que recolle todas as recomendacións e pautas de inmunización ordinaria para as persoas desde o seu nacemento ata a idade adulta, e que está en funcionamento dende o pasado 15 de setembro. Esta nova estratexia de vacinación integra os calendarios infantil e de adultos que xa existían e inclúe novas vacinas, co que se incrementa a protección contra algunhas enfermidades infecciosas que se poden previr mediante a inmunización.
Coma novidade, o Calendario de vacinación para toda a vida incorpora os compromisos que adquiriu a Xunta o pasado mes de maio en prol de mellorar a saúde da cidadanía galega e inclúe a vacinación fronte ao virus do papiloma humano nos varóns de 12 anos; incorpora a vacina fronte ao Meningococo B e a vacina contra a gripe nos nenos de 6 a 59 meses.
Para lograr á incorporación destas vacinas ao novo calendario, a Xunta fará fronte a un incremento do investimento anual de preto de 5 millóns de euros, co que o investimento total para o ano 2023 da estratexia de vacinación da poboación superará os 23,6 millóns.
Protección e equidade no acceso ás vacinas
O novo Calendario para toda a vida supón un cambio na mentalidade sobre a vacinación, pois pretende que esta non se vexa só como unha estratexia única na idade infantil e que se visualice como unha protección en todas as etapas da vida dunha persoa. O calendario inclúe novas vacinas e novos destinatarios de vacinas xa existentes, o que aumenta a protección e a equidade no acceso ás vacinas da poboación galega fronte a determinadas enfermidades transmisibles.
O novo calendario supón un aumento do investimento anual de case 5 millóns de euros
Entre as novidades que o calendario incorpora, está a vacinación fonte ao virus do papiloma humano nos varóns de 12 anos. A protección das nenas xa estaba instaurada desde hai anos na nosa Comunidade, pero non así a dos varóns. Por tanto, todos os nados a partir do 1 de xaneiro de 2010 recibirán as dúas doses desta vacina separadas en seis meses. A inclusión desta vacina supón un aumento do investimento anual de 1.350.000 euros.
Por outra banda, decídese incluír a vacinación fronte ao meningococo B, pois aínda que a vacina contra outros serotipos do meningococo xa estaba instaurada en Galicia, con esta nova incorporación auméntase a protección fronte a patoloxías pouco frecuentes pero moi graves como a meninxite provocada polo meningococo B, que ata o de agora non estaba financiada polo sistema sanitario público, salvo para algúns grupos de risco. Introducila no calendario vacinal vai aumentar tamén a equidade no seu acceso. A pauta inclúe a administración de dúas doses –aos 2 e 4 meses de idade– máis unha dose de recordo aos 12 meses. O comezo da súa administración será o 1 de novembro de 2022 nos nenos e nenas nados a partir do 1 de setembro de 2022. A inclusión desta vacina no calendario supón un aumento anual aproximado de 2.850.000 euros.
Inclúese tamén a vacina contra a gripe aos nenos e nenas entre os 6 e 59 meses de idade, xa que as taxas de hospitalización neste grupo de idade, incluíndo complicacións e infeccións, son altas. A vacinación na infancia diminúe tamén a enfermidade noutros grupos de idade ao reducir a transmisión dos nenos aos maiores. A inclusión desta vacina antigripal de forma sistemática para os nenos e nenas de 6 a 59 meses comezará xa na campaña de vacinación de gripe deste ano 2022. Facer fronte a esta extensión da vacinación supón un custo de 762.000 euros para o Goberno galego.
O Programa galego de vacinación acada niveis de cobertura superiores ao 90 % na maior parte das vacinas
Ademais, no Calendario de vacinación para toda a vida incorpórase outra novidade: o aumento de protección fronte ao meningococo dos serotipos ACWY. Neste calendario, a vacina fronte a meningococo C indicada aos 12 meses de idade substituirase pola tetravalente, que inclúe os serotipos ACWY, do mesmo xeito que se fixera en 2019 coa vacina indicada para os 12 anos. O comezo da administración desta vacina será o 1 de novembro de 2022.
![[Img #77741]](https://xornal21.com/upload/images/09_2022/509_ok-tarxeton_pvc_10cm-x-14cm.jpg)
Evidencia científica na vacinación
O Programa galego de vacinación constitúe unha das liñas de traballo de máis longa historia entre as actividades de saúde pública, cun amplo consenso respecto á súa efectividade e eficiencia. Non é un programa estático, senón que se actualiza e evoluciona en función das necesidades e da evidencia científica.
O novo Calendario de vacinación para toda a vida aborda estas necesidades e amosa a clara aposta do Goberno galego pola prevención das enfermidades infecciosas ao longo de todas as etapas dunha persoa, completando así o proceso que este goberno iniciou en 2017 coa aprobación do primeiro calendario vacinal para adultos e integrando agora este co infantil nunha única estratexia de prevención da enfermidade.
O Programa galego de vacinación ten un éxito contrastado, ao acadar niveis de cobertura superiores ao 90 % na maior parte das vacinas de calendario. Os últimos datos de coberturas de vacinación publicados polo Ministerio de Sanidade indican unha cobertura superior ao 96 % na vacina hexavalente fronte ao tétano, difteria, polio, hepatite B e outras dúas infeccións, mentres esta vacina acada unha cobertura dun 94,7 % na media nacional.
Lógranse porcentaxes semellantes na vacina fronte ao pneumococo (cun 96 % fronte ao 94,4 do conxunto do Estado) e aínda mellores na primeira dose do virus do papiloma humano, en que a cobertura do 99,9 % conseguida en Galicia contrasta coa media do 89,60 % no conxunto de España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186