PONTEAREAS
Ponteareas fai un inventariado dos camiños, parques e xardíns de titularidade municipal
Actualiza o que está actualmente en vigor, que data de 1958, o que permitirá un maior control e seguimento dos bens públicos
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, mantivo a semana pasada un encontro cos portavoces municipais para presentarlles o borrador do novo inventario de camiños, parques e xardíns de titularidade municipal, un documento que actualiza a relación de bens municipais coa que conta actualmente o Concello, que data de 1958. “Era unha necesidade urxente contar cun rexistro real dos espazos e dos bens inmobles municipais para ter un maior control e seguimento sobre eles e unha organización dos investimentos adaptados á realidade”, salientou a rexedora.
Cun custe de 52.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, o proxecto permitiu catalogar os bens e espazos de titularidade municipal despois de varios meses nos que se levaron a cabo os traballos de investigación, identificación, comprobación, revisión, actualización e ordenación dos bens a incluír neste Inventario Municipal de Vías Públicas do Inventario de Bens do Concello de Ponteareas.
Este inventario foi presentado ademais ante a veciñanza en todas as parroquias para contrastar o documento cos usos habituais en cada unha delas.
Por outro lado, o traballo de recompilación completouse coa creación dun proxecto SIX para a súa inclusión nunha ferramenta informática que permita unha correcta xestión de todos os espazos e bens e que contén cartografía catastral, fotografías de cada camiño e vías municipais, parques e xardíns inventariados, entre outros aspectos.
O inventario municipal será levado a pleno para a súa aprobación provisional, tras a que se abrirá un período de exposición pública antes da aprobación definitiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49