Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Domingo, 25 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG recibe na Guarda unha delegación da Alianza Libre Europea (ALE)

Anxo Baz trasladoulle aos eurodeputados e eurodeputadas a necesidade dunha comunicación eficaz con Caminha que facilite a posta en marcha da Eurocidade A Guarda-Caminha

Esta semana, Anxo Baz, acompañado do grupo municipal do BNG  da Guarda e da Presidenta da ELM de Camposancos, recibiron unha delegación integrada por  eurodeputadas e eurodeputados do grupo da Alianza Libre Europea (ALE) na Eurocámara que se atopan de visita en Galiza.

 

O portavoz nacionalista na Guarda, escolleu o monte Trega para recibir a delegación europea e co  rio  de fondo  trasladoulles  aos representantes europeos a necesidade dunha comunicación eficaz e sostíbel con Caminha que sería un alicerce fundamental para a posta en marcha da Eurocidade entre as localidades miñotas.

 

Pola súa parte a representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, recolleu a proposta e comprometeuse a trasladar á institución europea a demanda guardesa que considerou fundamental para profundar  na  cooperación transfronteiriza.

 

Rematada a visita ao Trega dirixíronse ao Porto da Guarda e asistiron a un encontro coa Asociación de Redeiras Atalaia   onde comprobaron en que consiste o seu traballo artesanal e escoitaron  as demandas deste colectivo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.