Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 25 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Nova edición da Volta Motociclista a Galicia

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, presentou unha nova edición da Volta Motociclista a Galicia de mototurismo xunto con Juan Noguerol, campión do mundo e de España desta disciplina no ano 2020 e principal impulsor dun “evento moi relevante e de talla mundial”. A ruta deportiva, que se celebrará entre os días 7 e 9 de outubro, partirá do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para percorrer, ao longo de tres etapas algúns dos recunchos máis fermosos da provincia e da comunidade autónoma. Trátase da última proba puntuable para o World Touring Challenge e para a Copa de España de Mototurismo.

 

Juan Noguerol asegurou que é “unha honra contar coa colaboración da Deputación, sen ela non sería posible desenvolver a Volta”, e que a intención é a de “mellorar a proba do pasado ano”, comezando por un aumento da duración da mesma, pasando así das dúas etapas de edicións anteriores ás tres deste ano.

 

Pola súa banda, Gorka Gómez destacou a importancia do “turismo deportivo para o desenvolvemento da provincia”, máis aínda no caso dunha proba como esta, con carácter internacional e que conta xa con 70 motoristas inscritos, das que máis da metade son estranxeiros. “É importante poñer en valor as diferentes modalidades deportivas e que a sociedade teña a oportunidade de coñecer referentes deportivos de todas as disciplinas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.