Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 22 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Gustavo Barcia repetirá como candidato do BNG

O actual portavoz municipal recibiu o apoio unánime da Asemblea Local e o seu nome foi referendado xa polo Consello Nacional.

A militancia do BNG de Mos renovou a súa confianza en Gustavo Barcia como candidato á alcaldía. O actual portavoz municipal, que en 2019 liderou por primeira vez a lista da formación nacionalista para as eleccións municipais, obtivo o respaldo unánime da Asemblea Local e será cabeza de cartel nos comicios do próximo mes de maio. Esta decisión "supón un recoñecemento ao traballo desenvolvido durante o último mandato, no que se realizou un gran esforzo para fiscalizar a acción de goberno do PP e manter un contacto permanente co tecido veciñal a pesar dos condicionantes impostos pola pandemia" segundo sinalan nun comunicado de prensa.

 

Trala súa designación como candidato, Gustavo Barcia expresou a súa confianza en acadar “un amplo respaldo do electorado” nas eleccións de 2023 e encabezar un proxecto alternativo “ao goberno das chapuzas de Nidia Arévalo”. Nos últimos meses, o portavoz municipal do BNG, arroupado polos membros do Consello Local, mantivo unha serie de encontros coa veciñanza en todas as parroquias do concello onde puido constatar, por unha banda, o descontento xeneralizado coa xestión do PP e, pola outra, a boa acollida das propostas nacionalistas. Estas reunións serviron tamén  para recoller as suxestións de distintos colectivos veciñais e de moitas persoas a título particular que serán incluídas no programa de goberno para os próximos catro anos. “Presentaremos un proxecto ilusionante e realista para mellorar a calidade de vida da xente de Mos, cunha xestión transparente e eficaz que poña fin ao malgasto e o sectarismo do PP”, explica o candidato nacionalista á alcaldía.

 
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.