Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A provincia de Pontevedra líder en en oficinas de turismo coa “Q” de calidade

Contan coa certificación as tres oficinas de Turismo Rías Baixas e nove municipais da rede INFO Rías Baixas

A calidade da atención turística ás viaxeiras e viaxeiros que visitan a provincia de Pontevedra está a ser avalada polo alto número de distincións que reciben as oficinas de turismo ao longo e ancho do territorio. O destino Rías Baixas conta con 12 centros galardoados coa “Q” de calidade concedida polo Instituto de Calidade Turística Española (ICTE), feito que convirte a provincia en líder en Galicia neste eido.

 

Actualmente contan coa “Q” as tres oficinas da Deputación de Pontevedra: a sede central de Turismo Rías Baixas no Palacete das Mendoza, a oficina do aeroporto de Vigo; e a de Armenteira en Meis. Ademais locen o distintivo nove oficinas municipais da rede Info Rías Baixas, concretamente a da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Cambados, Casa da Bola en Cangas, A Estrada, Baiona, Nigrán, Casal de Ferreirós en Poio e Cuntis. A rede está formada por 33 oficinas e o obxectivo da Deputación é sumar progresivamente novos distintivos de calidade turística.

 

Ademais, a Deputación de Pontevedra recibiu o ano pasado a “Q” para o museo do castelo de Soutomaior, que se converteu no primeiro recinto museístico de todo o Estado en obter este galardón. A fortaleza foi distinguida tras acreditar a calidade da planificación da actividade museística, prestación de servizos, xestión das instalacións, mantemento e equipamento.

 

A “Q” de calidade turística é unha marca de recoñecido prestixio dirixida á certificación de servizos turísticos. Achégalles aos establecementos que a ostentan diferenciación, fiabilidade e promoción a través da Secretaría de Estado de Turismo e das comunidades autónomas. No caso das oficinas, a Deputación de Pontevedra está a facer un importante esforzo para dotar á rede Info Rías Baixas de novos medios destinados á atención ao público e á mellora da xestión turística. Todas elas comparten plataforma tecnolóxica e teñen unha imaxe corporativa común, o que facilita a súa identificación por parte do público e ofrece un servizo homoxéneo en todo o territorio.

 

En canto ao museo da fortaleza de Soutomaior, as súas salas amosan de maneira entretida e didáctica, cun uso de audiovisuais e outros medios punteiros, información acerca da súa historia, dos  e das personaxes ilustres que a habitaron, a súa importancia en Galicia e a integración no contorno paisaxístico.

 

O castelo é xa un referente turístico, cultural e do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra e está a experimentar un auxe de visitantes. No mes de agosto alcanzou o seu récord, con 8.240 persoas que acudiron a coñecer e desfrutar do atractivo desta impoñente fortaleza do século XII, do museo e do espléndido xardín, o primeiro en recibir a declaración de Excelencia Internacional en Camelia concedida pola Sociedade Internacional da Camelia.

 

Recentemente o Museo de Pontevedra pasou a auditoría da “Q” de calidade con moi bo resultado. A Deputación recibirá en 2023 o distintivo para o recinto na gala de entrega que se celebra no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.