Galicia
Galicia na elite da nova tecnoloxía cuántica
Rueda reafirma o obxectivo de colocar Galicia na elite das tecnoloxías de alta precisión ao servizo da investigación e da industria
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou o obxectivo de colocar a Galicia na elite das tecnoloxías de alta prestación ao servizo da investigación e da industria.
“Xa estamos no grupo cabeceiro e nunha situación punteira, pero temos que ir a máis, e imos ir sen ningunha dúbida”, aseverou o titular do Goberno galego, a semana pasada, durante a inauguración institucional do supercomputador FinisTerrae III no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). O novo procesador cuántico, que contou cun investimento de 7 millóns de euros, permite resolver 4.000 billóns de operacións matemáticas por segundo, multiplicando por 12 a capacidade de cómputo do FinisTerrae II.
Precisamente, Rueda salientou que Galicia alberga o segundo gran centro de computación de España, do que puxo en valor que é “un dos máis competitivos de Europa”. “E así temos que seguir”, emprazou, á vez que defendeu que “todo investimento en I+D+i e tamén en materia cuántica, que é o futuro, é un investimento rendible”.
Alfonso Rueda destacou os avances que esta ferramenta permite nos eidos da investigación e da industria, multiplicando as posibilidades do desenvolvemento de Galicia en I+D+i. De feito, lembrou que ademais de tratarse dunha tecnoloxía de última xeración, facilita avanzar en campos como a investigación médica, na loita contra o cancro ou o cambio climático, na predición meteorolóxica, no estudo das pandemias, na xestión de recursos pesqueiros ou no desenvolvemento de edificios e centros de traballo intelixentes.
A adquisición deste equipo supón un investimento de 7 millóns de euros que foi posible grazas ao financiamento da Comisión Europea, vía fondos Feder, a través do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020, coa aportación dun 80% do total (5,6 millóns), e o cofinanciamento da Xunta de Galicia, que aportou un 15% (1,05M), e do CSIC (0,35M; un 5%).
Sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial
Ademais de acurtar os tempos na obtención de resultados, o FinisTerrae III resulta clave para atender a un maior número de usuarios e para fortalecer as capacidades da intelixencia artificial. De aí que o presidente da Xunta apuntara que Galicia cos centros de investigación, coa tecnoloxía de altas prestacións e cos grupos de traballo que dispón conta con “razóns de sobra” para postularse a albergar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. “Temos argumentos moi sólidos para que Galicia sexa unha candidata a ter en conta”, enfatizou cara ao final da súa intervención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186