

Entre os grandes musicais que pasarán polo Auditorio Mar de Vigo están o agardadísimo ‘Peter, El musical’, o espectacular musical familiar sobre Peter Pan. Esta obra é unha superprodución coa última tecnoloxía teatral, efectos especiais, loitas, proxecións en 4K e ata voos sobre as butacas dalgúns dos 22 personaxes que estarán sobre o escenario. Peter terá cinco funcións en Vigo, do 2 ao 4 de decembro, e será a única maneira de ver esta gran produción en Galicia.
A programación de outono do Auditorio Mar de Vigo, conta conmáis de vinte espectáculos de primeiro nivel para este outono. A aposta do último trimestre do ano serán os grandes musicais, cun total de seis programados, pero tamén se sumarán ao programa unha variedade de espectáculos que van desde o ballet ás músicas de cine, pasando pola maxia, as bandas tributo ou os monólogos.
As entradas para todos os espectáculos están á venda a través de www.teuticket.com.
Sede Electrónica y Trámites
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.