Vigo
O rexedor recibe ao novo comisario da Policía Nacional de Vigo - Redondela
Abel Caballero recibiu a semana pasada ao novo comisario da Policía Nacional, Ramiro José Gómez García (Valladolid, 1967), onde mantiveron unha primeira xuntanza sobre a situación da cidade. O rexedor deulle a benvida e desexoulle o mellor dos traballos ao fronte da comisaría. Licenciado en Xeografía e Historia –especialidade de Arqueoloxía– pola Universidade de Valladolid, a súa cidade natal, Ramiro José Gómez suma unha traxectoria profesional de 25 anos no Corpo Nacional de Policía, onde ingresou en 1997.
A Xefatura Superior de Cataluña foi o seu primeiro destino, trasladándose posteriormente á comisaría local de Aranda de Douro (Burgos). Tras unha etapa impartindo clases de investigación na Escola Nacional de Policía de Ávila e outra como responsable da Policía Científica da Comisaría Provincial de Ávila, en 2019 púxose ao mando da comisaría de Miranda de Ebro, de novo en Burgos. E tras o seu ascenso á categoría de comisario en setembro de 2021 xa foi destinado a Vigo, onde leste mesmo xaneiro tomou posesión como xefe local de Operacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122