Vigo
A grada de Marcador en funcionamento para o mes de marzo do 2023
O Concello de Vigo ven de aprobar o proxecto modificado nº2 das obras da nova bancada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos por un importe de 3.074.902 euros e a autorización de ampliar o prazo da obra en 3 meses. Así, a previsión de finalización das obras e a posta en funcionamento da grada de Marcador sitúase na fin de semana do 10, 11 e 12 de marzo de 2023 para o partido contra o Rayo Vallecano.
Tal e como explicou o rexedor, o proxecto contempla tres modificacións: en primeiro lugar, un reforzo da seguridade do estadio adecuando o “coeficiente de seguridade á ausencia da protección ante o vento que proporciona a grada de Gol” e, un reforzamento que se manterá cando se execute Gol. Adóptanse solucións técnicas que garantan a execución completa de pel de fachada: substitúense tabiques interiores, reducindo as cargas mortas nun 64% e axústanse elementos de transporte mecánico, ascensores… á configuración final dos forxados e esquemas funcionais e de tránsito da nova bancada. O Concello priorizou a grada de Marcador antes que Gol, ao aglutinar un maior número de afeccionados.
En segundo lugar, o modificado inclúe unha parte de liquidación do 4%, arredor de 700.000 euros e, en terceiro, unha modificación derivada da aparición de redes e instalacións no subsolo, diferentes ás recollidas no proxecto, que obrigará á execución dun pozo de bombeo para as augas fecais.
O alcalde referiuse tamén a outras dúas causas que provocaron adiamentos na obra “sobradamente coñecidas”: a folga do transporte do mes de marzo que rompeu a cadea de subministracións supuxo un atraso de 4 semanas e o Concerto de Muse, con paralización parcial e/ou total da obra, atrasou os traballos desde o 2 de setembro ao 26 de setembro. Polo que o estadio quedará dispoñible na fin de semana do 10, 11 e 12 de marzo.
O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra financian a totalidade da obra do Estadio Municipal de Balaídos e “tan pronto como estea rematada Marcador iniciaremos a tramitación para iniciar a grada de Gol”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122