VIGO
Oito interventores máis controlarán en Galicia o uso dos bonos
RENFE recoñece detectar ata un 15% de prazas formalizadas e sen ocupar
Renfe ten previsto reforzar o persoal de inspección a bordo dos trens, ca incorporación de 8 Interventores as residencias de Coruña e Vigo de Media Distancia, para aumentar o control sobre a utilización indebida dos bonos recorrentes.
Para elo remitiu unha comunicación ao Comité Xeral de Empresa do Grupo RENFE na cal indica que vai ceder temporalmente ata o 31 de Decembro, persoal de Intervención dos núcleos de proximidade (servizo Cercanías) as residencias de Media Distancia de toda a rede ferroviaria, ata un máximo de 73 traballadoress, dos cales 8 serán destinados a Galiza.
RENFE recoñece detectar ata un 15% de prazas formalizadas e sen ocupar, en trens que saen completos na venda de billetes, impedindo que outros viaxeiros e viaxeiras podan utilizar o tren ao non haber prazas a venda pero si asentos libres.
Tamén detectouse que algúns viaxeiros mercan o bono recorrente entre dúas estacións e so utilizan unha parte do traxecto formalizado. Por exemplo, viaxeiro que merca un bono entre Coruña e Vigo formalizando a praza neste traxecto e logo baixa en Compostela, continuando o resto do viaxe a praza ocupada
Ante a distinta casuística de uso dos bonos RENFE reforzará o persoal de inspección nos trens de Media Distancia de Galiza, pra tentar identificar aos viaxeirxs que fan un uso indebido dos bonos e tentar minimizalo.
Dende CGT consideran necesario este reforzo, pero "acompañado de outras medidas que permitan mellorar o servizo ferroviario existente en Galiza e dar cobertura a demanda existente, como son: mellora do funcionamento dos sistemas informáticos de venda online, especialmente da APP, que está a dar múltiples erros nas formalizacións e anulacións; o aumento do material rodante asignado a Media Distancia de Galiza, que posibilite un aumento das frecuencias ferroviarias programadas, especialmente no sentido Vigo- Pontevedra-Vilagarcía-Compostela, con un número de servizos ferroviarios moi inferiores o sentido Coruña-Compostela".
Ademáis piden "a Implantación nos servizos Alvia Vigo Urzaiz-Madrid de prazas a venda como Media Distancia entre Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Compostela, tal e como xa acontece na relación Coruña-Compostela-Ourense nos trens Alvia Ferrol-Madrid".
Engaden que é necesario a reposición "dos servizos ferroviarios que aínda se atopan suprimidos tras a pandemia, como os Vigo Guixar-Pontevedra, Vigo Guixar-Valença do Miño Vilagarcía- e Compostela, Vigo-Ourense-Monforte-Ponferrada."
Dende CGT insisten en que "as usuarias do transporte ferroviario fagan un uso responsable dos bonos recurrentes e so formalicen os viaxes que vaian a facer, anulando os que desistan de realizar, permitindo a formalización da praza a outroviaxeiros".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122