Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 02 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG reclama retomar as negociacións para o traslado do matadoiro

"O debate sobre os cheiros está superado, está ben esixirlle á empresa que minimice o impacto da súa presenza no centro urbano pero desde o BNG entendemos que chegou o momento de asumir a necesidade real do traslado do matadoiro" sinalan os nacionalistas. 

 

Tras visitar as instalacións e trasladarlle á dirección local de Coren o malestar da Corporación, o BNG reclama ao goberno local unha reunión dos grupos municipais co presidente do Grupo Coren, Manuel Gómez Franqueira, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, para iniciar as negociacións que faciliten o traslado. Desde o Bloque pedimos que tamén representantes do Comité de Empresa participen do proceso. Temos que colaborar todos e todas, administracións, partidos e axentes sociais, e procurar que o traslado non afecte ao mantemento dos postos de traballo. 

 

Cando o BNG gobernaba no Porriño e xestionaba a área de Industria do goberno bipartito na Xunta, iniciáronse conversas coa empresa, que mesmo chegou a adquirir terreos que facían pensar nun novo emprazamento. Estas negociacións foron paralizadas coa chegada do PP á Xunta e ao Concello. 

 

"No Bloque defendemos a recuperación integral do río Louro para a xente, que non será completa mentres o matadoiro permaneza na súa localización actual. Chegou o momento de afrontar un debate de tanta importancia para o futuro do Porriño. O desenvolvemento urbanístico da nosa vila e a súa comunicación con Torneiros non poden estar condicionados por unha localización que a día hoxe non atende a ningún criterio lóxico. Nin desde o punto de vista medio ambiental nin pola súa proximidade coas vivendas do casco urbano" sinalan.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.