Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Viernes, 30 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Música e Viño no teu Camiño arranca na Guarda, Nigrán e Baiona

Será este sábado 1 de outubro cos concertos de San Rockers na vila guardesa, Groovin Folks en Panxón e o domingo 2 con Two in the mirror no concello baionés

[Img #77856]Pistoletazo de saída a un mes de concertos coa segunda edición do proxecto ‘Música e Viño no teu Camiño’, unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño ao abeiro do programa O Teu Xacobe impulsado pola Xunta de Galicia para xerar espazos de encontro e lecer entre a veciñanza, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano.


O ciclo de concertos comeza esta mesma fin de semana con dúas paradas no territorio. O sábado 1 de outubro a música de San Rockers encherá a Praza Avelino Vicente da Guarda nunha sesión vermú que comezará ás 13.00 horas. Xa pola tarde, as pistas de tenis de Panxón, en Nigrán, serán o escenario elixido para que o público desfrute co estilo funk, soul e disco de Groovin Folks ás 19.00 horas. Xa o domingo 2 será a quenda de Two in the mirror, que levarán a súa música aos Xardíns da Casa da Navegación ás 13.00 horas.

 

 

 

 

EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño organizan a segunda edición deste programa que forma parte de ‘O teu Xacobeo’

 

 

 


Todas as actuacións son de balde e nelas poderase desfrutar dos viños D.O. Rías Baixas e da gastronomía local nos establecementos hostaleiros da zona.


Con esta iniciativa EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño organizan unha serie de concertos por todo o territorio nos que o público poderá desfrutar da maridaxe de música, viño e gastronomía ao tempo que se potencia a hostalaría e o comercio local. Dende EuRural e o Xeodestino anímase a toda a veciñanza dos concellos do noso territorio e da contorna a achegarse ata A Guarda, Nigrán e Baiona esta fin de semana, así como aos distintos escenarios e desfrutar de mañás e tardes con sabor a música e viño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.