VIGO
Inícianse as sondaxes arqueolóxicas no Paseo de Alfonso
O alcalde presenciou o desenvolvemento dos traballos que o goberno municipal inicia “con toda a ilusión porque queremos seguir recuperando arqueoloxía en Vigo”. A escavación permitirá coñecer o estado dos restos arqueolóxicos na zona onde estaba a muralla da cidade nos séculos XVII a XIX
Abel Caballero explicou o traballo que principia este martes e que consiste na escavación e realización de sondaxes mecánicas arqueolóxicas no marco do proxecto de prolongación do túnel no ámbito de confluencia da rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso XII.
Tal e como explicou, a actuación céntrase na zona de confluencia destas dúas rúas lonxitudinalmente e de xeito transversal ata a fonte do Paseo e debaixo da fonte, onde estaba o baluarte da Falperra, pertencente á muralla que cercou a cidade entre os séculos XVII e o XIX. Os límites da escavación ampliaranse no caso de que se proxecten ou rexistren novas estruturas durante a execución dos traballos.
“Queremos saber moi ben en que estado se atopan os restos arqueolóxicos”, explicou o rexedor, e unha vez realizada a intervención, “teremos que presentar un plan de contención de restos para garantir a conservación preventiva”. A valoración desa actuación corresponderá á arqueóloga municipal e a Patrimonio da Xunta de Galicia.
O tempo de execución da escavación e das sondaxes será de 35 días e, despois de realizarse ese estudo, o goberno municipal realizará o proxecto de túnel de acordo cos criterios establecidos por Patrimonio da Xunta de Galicia para a preservación de todos os restos arqueolóxicos.
Caballero sinalou que o Concello afronta esta actuación “con toda a ilusión porque queremos seguir recuperando arqueoloxía en Vigo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122