Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Martes, 04 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda presenta á cidadanía o Plan Rehabita

Máis dun cento de veciños participaron nesta presentación, que se puido seguir tamén por streaming

O Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a presentación á cidadanía do Plan Rehabita, un programa municipal pioneiro que ten como obxectivos paliar a falla de vivenda, aumentar a eficiencia enerxética dos inmobles e mellorar a estética das nosas rúas e barrios. Algo que, en liña co PACES (Plan de Acción por el Clima y la Energía Sostenible), ao que está adherido o Concello da Guarda, influirá tamén na redución de emisións de dióxido de carbono á atmosfera.

 

Máis dun cento de veciños participaron nesta presentación, que se puido seguir tamén por streaming e na que se contou coas intervencións do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez; a Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes e dous convidados que falaron sobre as súas experiencias en canto o aforro e a eficiencia enerxética, Javier Pereira e Gema Garrido.

 

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, comezou a súa intervención destacando que despois das diferentes mesas de traballo realizadas dende o mes de marzo deste ano, tanto internas, como cos empresarios/as e profesionais da vila de diversos sectores, xa tocaba o momento de presentar esta iniciativa aos verdadeiros beneficiarios/as da mesma, os propietarios dos inmobles, que serán os que poidan optar ás diferentes axudas existentes para a rehabilitación de vivendas, edificios e pisos na nosa vila, seguindo criterios de eficiencia e aforro enerxético.

 

Montserrat Magallanes, Concelleira de Medio Ambiente, foi a encargada de presentar a plataforma web que se creou para esta iniciativa, e na que se irán incluíndo todas aquelas informacións de interese para as persoas que desexen participar e rehabilitar os seus inmobles na Guarda a través do Plan rehabita. Se pode ver na seguinte ligazón: www.rehabita.aguarda.es

 

Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local, explicou algúns casos prácticos con exemplos dos custes e importes subvencionables en diferentes tipos de inmobles e actuacións.

 

 

 

 

A iniciativa conta xa con web propia: www.rehabita.aguarda.es onde poder ampliar información

 

 

 

 

Antes do remate desta presentación, os convidados Javier Pereira e Gema Garrido, explicaron aos presentes os seus respectivos casos de éxito particulares coa rehabilitación de inmobles mediante eficiencia e aforro enerxético, o que lles supuxo unha importante mellora no confort, baixada nos consumos da luz, mellor climatización dos seus inmobles e un aforro considerable de custes a medio e longo prazo.

 

Ao remate da presentación, abriuse unha quenda de preguntas, onde varios veciños e veciñas da vila puideron resolver as súas dúbidas sobre diferentes cuestións técnicas do Plan Rehabita, e que dende este momento xa se poderán tamén solventar a través do teléfono do concello 986610000 ou no enderezo electrónico rehabita@aguarda.es

 

Mediante o “Plan Rehabita”, un programa integral de asesoramento para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética de vivendas que se atopan na Guarda, preténdese  devolver ao mercado moitos inmobles que se atopan parados ou desactualizados na actualidade e promover así o seu alugueiro, reforma, venda, actualización, etc.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.