Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 07 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Centro Integrado de FP A Granxa un referente en innovación para o agro

A conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, vén de visitar o concello de Ponteareas para coñecer de primeira man as intervencións e os programas educativos que se están a desenvolver  no Centro Integrado de FP A Granxa.

 

Rodríguez  interesouse para coñecer de primeira man as actividades e os programas de innovación educativa que desenvolve o Centro Integrado de Formación Profesional, CIFP A Granxa, un referente das ensinanzas formativas das familias Agraria, de Industrias Alimentarias e de Seguridade e Medio Ambiente.

 

12 hectáreas de produción agroalimentaria

O centro imparte os ciclos de grao medio Produción agroecolóxica, xardinaría e floraría e Aceites de oliva e viños; os de grao superior Xestión forestal e do medio natural, Vitivinicultura e Educación e control ambiental, así como o ciclo básico de Agroxardinaría e composicións florais, que suman máis de 500 alumnos matriculados.

 

Da man do equipo directivo do centro, o conselleiro fixo un percorrido polos edificios que conforman o centro formativo da Granxa así como por parte das 12 hectáreas de terreo que destinan, principalmente, á produción vinícola e de kiwi ecolóxico.

 

Precisamente a semana pasada o alumnado do grao de vitivinicultura vén de rematar a vendima para posteriormente elaborar e embotellar os caldos nas adegas do CIFP. Así mesmo, o conselleiro coñeceu de primeira man un proxecto innovador para a produción e envasado de millo doce.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.