Redacción / Xornal21.es
Viernes, 07 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
Vigo
Amigos da Terra denuncia novos vertidos ao maltratado río Barxa
O río Barxa ao seu paso pola cidade de Vigo está a sufrir un novo vertido de cascallos e restos de obras que están a afectar ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.
Amigos da Terra ven de denunciar os vertidos de cascallos e restos de obras no río Barxa na cidade de Vigo ao carón do Hospital Álvaro Cunqueiro, localizados na senda peonil que vai rodeando o Hospital
Álvaro Cunqueiro e nas proximidades do aparcodorio de dito hospital.
Estes vertidos véñense producindo de xeito continuado nas semanas pasadas e sendo ainda visibles na zona as rodaduras da camioneta ou tractor que fixo os vertidos.
A orixe de ditos vertidos foi denunciada ante Augas de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Vigo para que realicen as inspeccións correspondentes por parte da administración. Tamén solicitan información sobre "as medidas que se están a adoptar para pór fin a esta situación que afecta ao ecosistema e a calidade do río Barxa, e demandamos que se impoñan as correspondentes sancións aos infractores e a obriga de repór o medioambiente ao seu estado orixinario".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122