Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 22:35:36 horas

Xornal21.es
Domingo, 09 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Comeza en Tui o taller de reforzo escolar para Menores

Impártese os martes no edificio Francisco Sánchez. Está destinado a menores que precisan apoio

Esta semana deu comezo un taller de reforzo escolar destinado a menores que precisan apoio. Enmárcase dentro do programa SAMM, o Servizo de Atención Municipal a Menores de Tui. Púxose en marcha xa en cursos pasados logo de que Servizos Sociais detectasen unha necesidade crecente neste ámbito de actuación.


Amais da actuación deste departamento municipal, detectando cada caso que precisa de atención, os propios centros tamén fan derivacións de aquel alumnado con certas dificultades educativas e académicas e en situacións de vulnerabilidade.


Os talleres céntranse no reforzo en diferentes ámbitos a nivel socioeducativo, con clases de apoio e reforzo educativo. Desenvólvese no edificio Francisco Sánchez os martes de 16:00 a 19:00 horas e en dous grupos de idade limitados a 10 menores por grupo para poder atender ás necesidades específicas de cada neno ou nena.


Trátase dun programa de gran demanda, xa que todos os anos existe lista de agarda. Con este e outros programas dos Servizos Sociais municipais, o Concello de Tui quere incidir no seu firme compromiso con estas políticas públicas, esenciais para a asistencia, a axuda e o apoio a todos os colectivos vulnerables do municipio.

Por isto lembran, a todo aquel que o precise, que pode contactar con este servizo no teléfono 986 60 36 25 extensión 54.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.