O PORRIÑO
Novo aparcamento gratuíto no centro urbano do Porriño
O Concello do Porriño está a acondicionar un novo aparcamento disuasorio de máis de 9.000 metros cadrados nunha zona estratéxica
O Porriño habilitará unha nova zona de aparcamento gratuíto no centro urbano. O Concello do Porriño vén de formalizar o arrendamento de dúas parcelas que abranguen unha superficie total de máis de 9.000 metros cadrados nunha zona estratéxica do centro urbano.
Trátase de dous solares ubicados fronte ao instituto Pino Manso, un de 6.500 m2 que linda co acceso á Risca e a rúa Antonio Palacios e outro de 2.650 m2 lindante co colexio Hermanos Quiroga.
Este aparcamento disuasorio permitirá estacionar um importante número de vehículos nunha zona de gran afluencia ao estar xunto a dous colexios, o instituto, polideportivo municipal e preto do centro de saúde.
“A falta de aparcamento no centro urbano supón un problema hai tempo e queremos dar unha alternativa aos condutores”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Xa comezamos a acondicionar estes terreos para que na maior brevidade posible estén dispoñibles e en funcionamento”.
Este aparcamento gratuíto súmase a outros dous habilitados recentemente polo Concello na rúa Leandro Diz.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11