SALCEDA DE CASELAS
O PP alerta dunha deuda de 3.245.000 € no concello de Salceda
Sinala que o concello ten 1290 facturas sen pagar
O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven de comunicar que as contas do ano 2021 do Concello “non poden ter peor resultado”. En plena saída da pandemia, o goberno, según manifestan, fixo “un copia e pega case na sua totalidade dos malos orzamentos do 21, un darlle a pelota cara adiante sen ter en conta a realidade da situación, da sociedade, das demandas e das prioridades básicas dos salcedenses”.
“Seguiron gastando o que non se ten e en cuestións improductivas, sen comparar alternativas orzamentarias, adxudicando a dedo e incumprindo reiteradamente a Lei de contratos públicos, sendo de novo, o goberno máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento e a poboación do municipio. Por todo o sucedido durante o ano 2021 respeto da execución desas contas, os populares reiteran que “non se pode pechar un exercicio económico con centos de facturas e varios millóns de euros pendentes de pagar ”.
Dende o PP din que “o goberno bipartito está disposto a gastar o que non teñen, deixalo a deber e seguir cruxindo a impostos -catastrazo- os salcedenses engaden que “non existe unha lista de prioridades en canto a melloras e servizos, non hai transparencia na entrega de documentos solicitados, incumpren reiteradamente a Lei de Contratos, non queren ter debates importantes que falen do futuro, porque non son quen de porse de acordo entre o propio goberno en cuestións como o Centro de Día ou a Galiña Azul, entre outros.”.
Os populares afirman que “3.245.000€ son moitos euros sen pagar para un orzamento de 5,5 millóns. Unha cousa é que estiveran todos financiados, e outra moi distinta é que moito máis da metade se deben a proveedores que fan e serven de prestamistas financeiros o Concello”.
Doutra banda sinalan que “a recaudación bateo récor. Un 24,2% máis que o ano anterior!, e aínda así, deixan centos e centos de facturas sen abonar. Nun ano tan malo para a sociedade en xeral, este goberno non tivo a sensibilidade social necesaria, non foi quen de por en marcha ningunha medida que aliviase a situación das familias e fogares. ”.
“Nese ano 2021, o goberno das señoras Tourón e Castiñeira, seguiron sendo o goberno máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento e a poboación do noso municipio” engaden.
Por último aseguran que “se somos goberno a partires de maio, garantizamos un control riguroso do gasto, reducción do mal gasto innecesario o máximo e por suposto, unha reducción do custe do goberno, como mínimo, nun 20%”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11